O alumnado desde 1º ata 6º de primaria, prepararon unhas presentacións sobre eles nas que empregaron distintas aplicacións, desde o Chatter Kid en 1º e 2º, o Imovie en 3º e 4º e o Croma en 5º e 6º.
Quedaron moi ben!
O alumnado desde 1º ata 6º de primaria, prepararon unhas presentacións sobre eles nas que empregaron distintas aplicacións, desde o Chatter Kid en 1º e 2º, o Imovie en 3º e 4º e o Croma en 5º e 6º.
Quedaron moi ben!
Polo Día da Paz, o colexio de Quintela, recibiu unha visita moi especial: os voluntarios de GaliClown. Rimos coa súa actuación e contáronnos cal é súa labor no hospital. Invitámosvos a escoitar esta entrevista que lles fixo o alumnado de 5º de primaria.
O alumnado de 5º de infantil este trimestre investigou sobre as bolboretas. Aprendemos moito sobre este insecto e aproveitamos tamén para aprender un poema e gravalo en croma. Aquí tedes o poema e o recitado con croma.
Un verme branco vivía nunha moreira
e chamábanlle verme de seda.
Gustábanlle as follas, era moi lambón
e en pouquiños meses fíxose maior.
Coa súa fina seda teceu un casulo
e aquel verme sorriu con orgullo.
Cando rematou estaba canso
e dentro do casulo quedouse deitado.
Despois dun tempo de estar durmido
nunha bolboreta se convertera.
Chegou a hora de poñer os ovos
e así a historia comezará de novo.
Que fermoso o poema de Antonio García Teijeiro e un dito e adiviña popular na voz do alumnado de 1° de primaria.
Non menos fermosos son os fondos debuxados por eles e elas.
Esta semana, dedicamos a sesión a traballar as partes das historias coa aplicación Toontastic.
Saíron cousiñas interesantes...
HOXE, COMO PARTE DO NOSO PROXECTO SOBRE O CORPO HUMANO, UTILIZAMOS ESTE RECURSO TIC TAN CHULO QUE DEIXOU OS LEÓNS E LEOAS ABRAIADOS. GRAZAS A REALIDADE AUMENTADA E O MERGE CUBE PUIDEMOS OBSERVAR MÁIS DE CERCA ALGÚNS DOS NOSOS ÓRGANOS.
O alumnado de 6º de Infantil coñeceu esta semana a ZOWI, o simpático robot da biblioteca de Paco.
Zowi é un robot interactivo que inicia aos nenos e nenas no mundo da tecnoloxía e da programación. Aprendemos robótica dun xeito lúdico e educativo. Camiña cara diante e cara atrás, para os lados, xira, móvese cos sons e baila.
Esperamos descubrir máis nas próximas sesións. Estamos impacientes!!!
A clase de primeiro dedícavos esta felicitación con moito agarimo esperando que todos e todas teñamos un feliz Nadal
Que divertido que foi traballar a competencia matemática usando o escornabot. Pasámolo moi ben!
Na aula de 2° curso estivemos repasando os principais ósos do corpo humano co Escornabot. Plantexamos as preguntas, o equipo resolve e un dele da as ordes ao robot para levalo á resposta correcta.Traballamos a competencia dixital, a competencia social e cívica, a competencia oral e a competencia matemática.O obxectivo fundamental foi traballar os ósos do corpo humano.Os corridos traballados foron as partes do corpo, no es dos ósos principais, traballo cooperativo...O resultado foi moi positivo. A continuación deixamos un resumo.