Mostrando entradas con la etiqueta IMOVIE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta IMOVIE. Mostrar todas las entradas

martes, 10 de marzo de 2020

IMOVIE E STOP MOTION NA AULA DE 2º DE PRIMARIA

Na clase de 2º estivemos investigando sobre unha planta invasora: "O plumeiro da Pampa". 
As familias aportáronnos moita información e imaxes e aquí vos deixamos esta presentación feita por eles, así como tamén un stop motion creando un mural coa información escrita por eles nas imaxes coa aplicación MOLDIV.
Agardamos que vos guste. Moitas grazas familias pola vosa colaboración.






domingo, 9 de febrero de 2020

MÁIS MERGE CUBE NAS AULAS DE 3º A 6º DE PRIMARIA

O proxecto DigiCraft no teu cole consta de dous itinerarios. O primeiro traballa a realidade aumentada e os videoxogos. Esta sesión foi a última deste primeiro itinerario que, en resumo, foi un éxito.
O segundo itinerario, que comezaremos nas vindeiras semanas, traballará a intelixencia artificial e a robótica.






miércoles, 24 de abril de 2019

30 HANDS NO MES DA POESÍA EN 4º DE PRIMARIA

Os nenos e nenas de 4° recitan os versos que aprenderon durante o mes da poesía. Fixeron unha ilustración dos mesmos e gravaron as súas voces.



miércoles, 10 de abril de 2019

STOP MOTION EN 6º DE PRIMARIA

Aquí deixamos os StopMotion que fixeron os nenos e nenas de 6º de primaria cos versos que foron vendo todas as mañás na pizarra ao entrar no cole durante o mes da poesía.


 

domingo, 24 de febrero de 2019

ESCORNABOT, TYPORAMA E PICPLAYPOST EN 2º DE PRIMARIA

Na aula de 2° curso estivemos repasando os principais ósos do corpo humano co Escornabot. Plantexamos as preguntas, o equipo resolve e un dele da as ordes ao robot para levalo á resposta correcta.
Traballamos a competencia dixital, a competencia social e cívica, a competencia oral e a competencia matemática.
O obxectivo fundamental foi traballar os ósos do corpo humano.
Os corridos traballados foron as partes do corpo, no es dos ósos principais, traballo cooperativo...
O resultado foi moi positivo. A continuación deixamos un resumo.




sábado, 1 de diciembre de 2018

TRAILER CON IMOVIE PINTANDO O PATIO DO COLE

Onte, algúns dos membros da Anpa do noso cole viñeron pintar uns cantos xogos para que os nosos nenos e nenas teñan un lecer no patio moito máis motivante.
Grazas, unha vez máis, polo traballo que estades a facer no cole.


sábado, 24 de noviembre de 2018

ESCORNABOT EN 5º DE PRIMARIA

A partir do libro de Pepe Carreiro, Os bolechas van a Moaña, fixemos no cole unha actividade co escornabot para ampliar os coñecementos do alumnado de 5º curso sobre o concello no que viven.
Os obxectivos que pretendemos conseguir con este traballo son o de coñecer o lugar no que viven, identificar os monumentos e construcións máis importantes do seu entorno, valorar positivamente o cuidado e conservación do patrimonio cultural de Moaña, etc.
As competencias traballadas foron a dixital, a de aprender a aprender, a social e cívica, a lingüística e a conciencia e expresión cultural.
Traballamos contidos como o coñecemento das igrexas e capelas de Moaña, identificación dos distintos ríos, diferenciación das praias pola actividade que se desenvolve nas mesmas, etc.
Para conseguir todo isto, dividimos aos 18 nenos e nenas en 4 grupos. Fixemos a actividade por duplicado, de tal xeito que traballaban ao mesmo tempo os 4 grupos con 2 escornabots cada grupo durante unha sesión de 50 minutos. Montamos as plantillas en dúas mesas, nas que se colocaban os grupos.
Empregamos unha plantilla de escornabot coas imaxes das respostas que se fan un grupo a outro a través dunhas tarxetas que conteñen preguntas sobre Moaña, o seu patrimonio, a súa cultura...
Cando un equipo acerta a pregunta, obtén un PACOPUNTO como premio. Gaña o equipo que máis Pacopuntos consegue.
Temos que dicir que a avaliación a este traballo foi moi positiva, xa que aprenderon sobre o lugar no que viven, solucionaron conflictos en grupo, resolveron cívicamente as distintas preguntas plantexadas...
Parabéns!!!

Facendo clik na opción de plantillas e preguntas, poderedes ver as plantillas de resposta e tamén as tarxetas de preguntas.

PLANTILLAS E PREGUNTAS


Este é o Pacopunto.



Deixamos un video amosando o éxito da actividade.



lunes, 12 de noviembre de 2018

IMOVIE NO SAMAÍN

Aquí deixamos un resumo, feito polo alumnado de 5º curso, do día 31 de outubro o entrar o alumnado no cole. Atoparon todas as luces apagadas e as cabazas prendidas. Gustoulles moito!


martes, 9 de octubre de 2018

martes, 29 de mayo de 2018

POWERPOINT NA AULA DE 6º CURSO

O alumnado de 6º curso estivo a traballar sobre músicos importantes e estilos de música que todos e todas deberiamos coñecer e escoitar, para deixalo reflexado en diversos PowerPoint que foron elaborando.

jueves, 22 de marzo de 2018

IMOVIE EN 5º CURSO

Esta vez tocounos ir ao cole de Tirán xunto cos nenos do cole da Guía. Practicamos os deportes de baloncesto, balonmán, fútbol, xadrez e, para rematar, xogamos un brilé todos xuntos.
Pasámolo xenial!!!
Aquí deixamos un resumo.

lunes, 12 de marzo de 2018

MOLDIV E IMOVIE EN 5º DE PRIMARIA

Nestas últimas sesións de Tic's, os nenos e nenas de 5º de primaria estiveron facendo un traballo sobre as mulleres e o que inventaron.
Resumiron e fixeron un Moldiv coa información recollida. 
Aquí deixamos o resultado de todos os traballos.