Comezamos o ano e o trimestre divirtíndonos co entretido xogo do 3 en liña. As imaxes amosan o ben que o pasamos.
Mostrando entradas con la etiqueta IPAD. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta IPAD. Mostrar todas las entradas
viernes, 8 de enero de 2021
martes, 10 de marzo de 2020
IMOVIE E STOP MOTION NA AULA DE 2º DE PRIMARIA
Na clase de 2º estivemos investigando sobre unha planta invasora: "O plumeiro da Pampa".
As familias aportáronnos moita información e imaxes e aquí vos deixamos esta presentación feita por eles, así como tamén un stop motion creando un mural coa información escrita por eles nas imaxes coa aplicación MOLDIV.
Agardamos que vos guste.
Moitas grazas familias pola vosa colaboración.
viernes, 31 de enero de 2020
STOP MOTION NA AULA DE 2º DE PRIMARIA
Na clase de 2º esta semana lemos o conto titulado "O homiño de Papel".
Gustounos moito e aquí vos deixamos esta fermosa actividade.
Gustounos moito e aquí vos deixamos esta fermosa actividade.
sábado, 21 de diciembre de 2019
STOP MOTION EN 1º CURSO PARA FELICITAR O NADAL
A clase de primeiro quere compartir con todas as familias e personas achegadas, a súa mensaxe de Nadal.
THINGLINK EN 5º DE PRIMARIA PARA FELICITAR O NADAL
Os alumnos e alumnas da clase de 5º de Primaria queremos desexarvos unhas felices festas e un bo comezo de ano a todos, que vos traian, Papa Noel e os Reis, sobre todo, moita felicidade.
BO NADAL!!!!!
miércoles, 27 de noviembre de 2019
STOP MOTION PARA CONMEMORAR O 25 DE NOVEMBRO
Onte celebramos o Día Mundial para a eliminación da violencia contra as mulleres no cole. Falamos moito do tema nas aulas e elaboramos, entre todo o alumnado do cole un mural, o cal fomos decorando con diversas cores e bolboretas.
jueves, 14 de noviembre de 2019
PICPLAYPOST EN EDUCACIÓN FÍSICA
Onte, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria tivemos o pracer de recibir no noso cole a Pili (Entrenadora Nacional de Fútbol Sala, Licenciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e actual entrenadora do equipo O Fisgón Futsal de Moaña). Contounos moitas cousas sobre este deporte, pero tamén fixo que reflexionáramos sobre a pouca participación feminina no mesmo. Deixounos claro que este deporte pode ser practicado tanto por homes como por mulleres, sen diferencias de ningún tipo.
Grazas Pili polo teu tempo e tamén por esa maneira de enfocar o deporte feminino, non só o fútbol, senón calqueira deporte que queiramos practicar as mulleres.
martes, 8 de octubre de 2019
MOLDIV NO SAÚDO DE 1º E 2º DE PRIMARIA
As clases de primeiro e segundo curso preséntanse cos seus mellores sorrisos.
Esperamos pasar un maravilloso curso!
CHATTERKID NA AULA DE 2º DE PRIMARIA
Aquí se presentan os nenos e nenas de 2° curso.
martes, 25 de junio de 2019
CHARTGO EN 4º DE PRIMARIA
Outro ano máis saboreamos as froitas durante dúas semanas. Houbo froitas que gustaron máis e algunhas outras que gustaron menos; así que elaboramos unhas gráficas cos resultados da posta en común.
A froita que máis gustou
Como vedes houbo dúas froitas que gustaron moito.
A froita que menos gustou
jueves, 6 de junio de 2019
miércoles, 5 de junio de 2019
HP REVEAL NA EXPOSICIÓN INTERACTIVA
A semana pasada as nenas e nenos de 1º visitamos a exposición interactiva sobre Antonio García Teijeiro.
Gustounos moito!!!
Gustounos moito!!!
viernes, 31 de mayo de 2019
PICPLAYPOST NA SEMANA DA FROITA EN 6º DE INFANTIL
Onte, os nenos/as de 5º de primaria cos nosos afillados/as lectores tivemos unha xornada de convivencia.
No colexio de Quintela dámoslle moita importancia á alimentación saudable, polo que todos os anos participamos no proxecto Aliméntate ben, dentro dos Plans Proxecta.
Esta semana e a que vén merendamos todos froita no cole e aproveitamos esta gran oportunidade para facer una obradoiro de froita, na que participamos as dúas clases, polo noso vínculo especial de ser padriños e afilllados lectores.
Tiveron que facer unhas simpáticas figuras coa froita e outros ingredientes que utilizamos para decorar.
E, como non, aproveitamos a visita para ler contos xuntos.
Foi moi divertido!!!
lunes, 20 de mayo de 2019
AS TECNOLOXÍAS NA ELABORACIÓN DOS INFORMATIVOS DO COLE
Aquí deixamos os informativos que elaboramos no noso cole para presentar na canle de televisión do concello.
miércoles, 24 de abril de 2019
30 HANDS NO MES DA POESÍA EN 4º DE PRIMARIA
Os nenos e nenas de 4° recitan os versos que aprenderon durante o mes da poesía. Fixeron unha ilustración dos mesmos e gravaron as súas voces.
miércoles, 10 de abril de 2019
STOP MOTION EN 6º DE PRIMARIA
Aquí deixamos os StopMotion que fixeron os nenos e nenas de 6º de primaria cos versos que foron vendo todas as mañás na pizarra ao entrar no cole durante o mes da poesía.
viernes, 5 de abril de 2019
TOUCHCAST NA AULA DE 2º DE PRIMARIA
A clase de Segundo celebra o mes da poesía recitando uns versos dunha bonita escolma de poesías.
CHATTERKID NA AULA DE 4º DE INFANTIL
Na clase das tartarugas apareceu unha máquina moi rara! Estamos alucinados! É unha máquina do tempo! A máquina do tempo ten moitos botóns e tamén unha foto moi especial.
Na foto saen as pirámides! Investigamos que eran e descubrimos que a máquina do tempo nos levou a Exipto. Gustounos viaxar a outro lugar! Exipto mola moito!
Agora investigamos sobre faraóns. Os faraóns son os reis de Exipto e por iso fixemos estes debuxos.
Verdade que estamos guapas de faraonas?
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)