Mostrando entradas con la etiqueta PDI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PDI. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de febrero de 2019

5º DE PRIMARIA CREA UN ARTIGO NA GALIPEDIA

Xa creamos o noso artigo na Galipedia!
A clase de 5º de Primaria publicou o artigo creado na Galipedia neste curso.
Foi unha proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Entrevistamos o Presidente da Moañesa de Música e Danza, redactamos o escrito e elaboramos o artigo cos seus enlaces:

jueves, 9 de marzo de 2017

PDI EN 4º DE PRIMARIA

Na aula TIC, os nenos e nenas de 4º de primaria estivemos usando a Pizarra Dixital Interactiva para traballar sobre o medio ambiente.




martes, 27 de septiembre de 2016

EDUCACIÓN VIAL COA PDI

Como todos sabedes, estes días estamos a traballar a Educación Vial no cole. Unha das actividades preparadas foi coa PDI (Pizarra Dixital Interactiva) que gústanos moito...


viernes, 3 de junio de 2016

jueves, 26 de mayo de 2016

A PDI EN 6º PARA FACER O ARCO DA VELLA SAUDABLE

Mirade que chulo quedou o arco da vella saudable que fixo o alumnado de 6º  curso.Deste xeito colaboramos cos proxectos do cole "Medrando sans con froita" e "Meteoquintela".





jueves, 19 de mayo de 2016

PDI E PAINT NA AULA DE 6º DE PRIMARIA

O día TICS desta semana estivo moi entretido. Fixemos un arco da vella co programa Paint, baixamos imaxes de froitas e vexetais  de internet e, coa PDI inserimos as imaxes de cada froita e vexetal nas cores do arco da vella según correspondía. Quedounos moi chulo! Aquí vos deixamos un resumo do traballo feito.

Proxecto "Medrando sans con froita"

viernes, 13 de mayo de 2016

PDI EN 1º CURSO

Hoxe tocoulle a outra metade da clase ir a aula TICS e facer actividades na Pizarra Dixital Iteractiva. Elixiron a froita que máis lle gustou de toda a que tomaron nestas semanas e colocáronna no lugar indicado. Foi moi divertido!


miércoles, 11 de mayo de 2016

PDI E STRIP DESIGN NA AULA DE 4º

En 4° seguimos moi entusiasmados coa Pizarra Dixital Interactiva (PDI) e co cómic no Ipad.










martes, 10 de mayo de 2016

PDI EN 1º DE PRIMARIA

Os nenos e nenas de primeiro pasámolo moi ben coa Pizarra Dixital Interactiva (PDI). Como nos gusta usar o dedo de rato!!!


EDUCACIÓN EMOCIONAL NA PDI

Na última sesión de Ed. Emocional, as Xirafas estivemos vendo o conto que hai colgado na rede do "Monstro de cores" (se pinchades neste título poderedes acceder ao vídeo) e, ao rematar, usamos a pizarra máxica (PDI) para pintalo de todas as cores das súas emocións: rosa (cando sente amor), verde (cando sente calma), azul (cando sente tisteza), negro (cando sente medo), vermello (cando sente ira) e amarelo (cando sente alegría). Mirade que chulo quedou!