Para calquera consulta tedes á vosa disposición o meu enderezo electrónico discoscaramelo@gmail.com. As ligazóns que facilito xa están na internet. Este blog está creado para a difusión de música, e non ten ánimo de lucro, calquera que faga unha descarga debería borrar o contido en 24 horas. Se alguén considera que algún material ou información non debise estar incluído neste blog contactade conmigo na direción de correo do blog. Benvidos a DISCOS CARAMELO
Amosando publicacións coa etiqueta Elisa Serna. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Elisa Serna. Amosar todas as publicacións

domingo, 12 de abril de 2020

La Palabra más Tuya (2006)


Colección de 13 CDs dedicados ás cancións feitas por diversos cantautores sobre poemas de distintos poetas.

A colección foi dirixida por Fernando G. Lucini para o selo discográfico Factoria de Autor con motivo da celebración de "50 años de la canción en España" organizado en 2005 pola SGAE.

Nos discos, cada un deles dedicado a un ou varios poetas, podemos atopar cancións de artistas como Carmen, Jesús e Iñaqui, Amancio Prada, Chicho Sánchez Ferlosio, Paco Ibáñez, Imanol, Víctor Manuel, Aguaviva, Rosa León, Adolfo Celdrán, Hilario Camacho, Luis Pastor, Carlos Cano, Miguel Ríos, Joan Manuel Serrat, El Pele, Esteban Valdivieso, Enrique Morente, Aurora Moreno, Enrique Moratalla, Javier Ruibal, Soledad Bravo, Francisco Curto, José Menese, Javier Bergia, Manuel Toharia, Luis Emilio Batallán, Fuxan os Ventos, Los Juglares, Víctor Jara, Los Lobos, Pedro Faura, Pedro Guerra, Elisa Serna, Urko ou Moncho Otero.

Os 13 discos da colección son os seguintes:
  • 01 Antonio Machado
  • 02 Blas de Otero y Gabriel Celaya
  • 03 Federico García Lorca
  • 04 Rafael Alberti
  • 05 León Felipe y Juan Ramón Jiménez
  • 06 Rosalía de Castro y Gustavo Adolfo Bécquer
  • 07 José Agustín Goytisolo, Jaime Gil De Biedma y Ángel González
  • 08 Miguel Hernández
  • 09 Nicolás Guillén, Mario Benedetti y José Martí
  • 10 Carlos Álvarez, Jesús López Pacheco, Luis Cernuda, José Bergamín
  • 11 Cantando a: Violeta Parra, Gloria Fuertes, Fanny Rubio, Elena Martín Vidal, Gabriela Mistral, Dulce María Loynar, María Elena Walsh, Alfonsina Storni, María Zambrano, Isabel Escudero
  • 12 Agustín García Calvo, Luis García Montero, Agustín Millares y Pedro Lezcano
  • 13 Pablo Neruda
DESCARGAR

sábado, 11 de abril de 2020

La Larga Noche del Fascismo (1977)

Dateino en 1977 pero a verdade é que non estou seguro da data destes casetes.

Estes dous casetes piratas tiveron polo menos duas tiradas (unhas venderonse a 150 pts e as outras a 300 pts) e foron gravados en cintas virxenes, de distintas marcas polo que puiden comprobar (cheguei ter duas edicións).

Gravacións divididas en dous casetes:
  • PARTE I: República y Guerra Civil
  • PARTE II: Exilio - Cárcel - Represión - Guerrilla

Extraña compilación de cancións, poemas e textos recollidos de distintas fontes onde se narra a historia da Guerra Civil e da resistencia na época franquista a través de testemuñas, historias e cancións, apoiadas pola música de Maurice Jarre e as narracións de Madeleine Chapsal que aparecen no filme Mourir a Madrid (1963), aínda que a voz dos narradores non coinciden cos do documental.


Escoitamos cancións de Chicho Sánchez Ferlosio (de Canciones de la Resistencia Española [1963]), Francisco Curto (de La Guerra Civil Española [1973]), Francisco Montaner [de El Crimen fue en Granada [1974]), Elisa Serna (de Quejido [1974]), Margot e Michele L. Straniero (de Canti della Resistenza Spagnola [1965]), Daniel Viglietti (de Canto Libre [1970]), Coro Popular Jabalón (de Cantos de la Resistencia Española [1976]) así como textos, poemas e cancións de Ernst Busch e dos Almanac Singers atopadas no disco Canti della Guerra di Spagna [1968] (aínda que as cancións foron publicadas a finais dos anos 30 e principios dos 40) e cancións da Guerra Civil das gravadas polo selo Le Chant du Monde en 1938 en Barcelona, publicadas na coleción La Voz de España e reeditadas no disco Chants de la Guerre d'Espagne (1963) polo selo Le Chant du Monde.

Escoitamos tamén poemas e textos de César Vallejo, Marcos Ana, León Felipe, Jesús López Pacheco, Celso Emilio Ferreiro, Manuel Ponte, Vitorino Vidali (Comandante Carlos), Antonio Agraz, Antonio Machado e Miguel Hernández.

DESCARGAR

mércores, 5 de decembro de 2018

Elisa Serna - Ensayo 3 (1968)

Primeira gravación da cantante Elisa Serna, que desgraciadamente finou hai uns meses. este cantante e compositor. Trátase dun single con adaptacións de poemas de Miguel Hernández, que sacou en 1968 cando formaba parte do colectivo "Canción del Pueblo" xunto con Hilario Camacho, Adolfo Celdrán, Luis José Leal, El Cachas e Manuel Toharia. Foi editado por un pequeno selo universitario chamado EDUMSA.


Descargar

xoves, 29 de novembro de 2018

Spagne en Marche - Canciones contra la Muerte (1974)

Disco colectivo de canción reivindicativa no que participan Elisa Serna, Imanol e o cantante francés Michel Arbatz. Elisa Serna aparecería co seudónimo de María Burruca, Elisa, daquela, xa tivera problemas coas letras das súas cancións

Descargar

martes, 19 de maio de 2015

Cerca de Mañana (1972)

Publicado na Francia no ano 1972, este disco histórico contén cancións de compoñentes dos distintos movementos da Nova Canción na Galiza, Catalunya, Euzkadi e Andalucía. Moitas das cancións deste disco non foron editadas en ningún outro, participan no disco Bibiano, Benedicto, Vicente Araguas, Xerardo Moscoso, Suso Vaamonde, Imanol, Elisa Serna, Pablo Guerrero, Adolfo Celdrán, Julia León, Xavier Ribalta e Lluis Llach. Atopado no blog de La Palabra más Nuestra

Descargar

luns, 25 de marzo de 2013

Eliseo Parra & Mosaico - Homenaje a Agapito Marazuela (1984)

Agapito Marazuela foi un folklorista e musicólogo segoviano que fixo un traballo estupendo recopilando o folklore castelán. Morreu en 1983 á idade de 91 anos, ó ano seguinte da sua morte, Eliseo Parra e Mosaico en colaboración con artistas como Pablo Guerrero, Luis Pastor, Vainica Doble, Chicho Sánchez Ferlosio, Rosa Jiménez, Julia León e Elisa Serna.

Descargar