Entradas

SAÍDA A CORREOS

Imagen
     As nenas e nenos de 4 e 5 anos realizaron unha saída á oficina de CORREOS de Ferrol e foron CARTEIROS  e CARTEIRAS por un día.    Realizamos moitas actividades: Primeiro poidemos disfrutar da arquitectura da oficina e observar a súa vidriera   Collimos cita na pantalla  Compramos os selos Cada neno e nena pegou o selo na súa carta e lle puxo o mataselos  Poideron ver como se envían paquetes Como son as motos de reparto  E metimos as cartas na caixa de correos tan característica con forma de león.    Agora só queda esperar para recibir a carta na casa!!!    Temos que dar as grazas á oficina de Correos por explicarnos e atendernos tan ben.    No seguinte vídeo podedes ver todas as actividades realizadas:         

DÍA DO PEÓN 2025

Imagen
      Un ano máis o centro celebra o Día do Peón , un xoguete popular de gran arraigo entre a nosa comunidade educativa.         As actividades deste ano son as seguintes: Cartel-mosaico coas fotos do alumnado. Decoración dun peón por grupo. Acto colectivo e tirada conxunta. Entrega dos diplomas de Máster e Supermáster de Peóns.     Podedes disfrutar destas actividades no seguinte vídeo:

MAGOSTO 2025

Imagen
     Continuamos con outra festa tradicional do OUTONO, a festa do: MAGOSTO    Veu ao centro, o noso xa coñecido, o CASTAÑEIRO RAMÓN ,  quen repartíu as ricas castañas entre todo o alumnado. Na foto están os nenos e nenas da clase de 5 anos vendo como asa as castañas e esperando que nos dea unhas poucas 😋     Xa nas clases poidemos degustar as castañas asadas e levar unhas poucas nun cucurucho de cartulina ou nun brick de leite decorado.       Podedes ver todas as actividades no seguinte vídeo:

SAMAÍN 2025

Imagen
        XA CHEGOU A PRIMEIRA FESTA DO OUTONO AO COLE DE ESTEIRO: O SAMAÍN      PARA ELO, DISFRUTAMOS DE MOITAS ACTIVIDADES: DECORACIÓN DE CABAZAS PLANTAR SEMENTES DE CABAZA DECORACIÓN DAS AULAS E DAS SÚAS PORTAS DISFRAZARSE EXPOSICIÓN DE CABAZAS      TAMÉN TEMOS QUE AGRADECER Á ANPA  POLA DECORACIÓN DA ENTRADA E DO CORREDOR DE INFANTIL, QUE QUEDOU ESPECTACULAR   E   TERRORÍFICO.      PODEDES DISFRUTAR DE TODAS AS ACTIVIDADES NO SEGUINTE VÍDEO:        PASÁMOLO DE MEDO!!!!!! 💀

SAÍDA DE FIN DE CURSO AO MUÍÑO DE PEDROSO

Imagen
O 13 de xuño visitamos o Muíño de Pedroso, en Narón, onde participamos nunha morea de talleres que foron moi interesantes:  Horta ecolóxica Pegadas de animais Herbas aromáticas: s ales de baño e sacos aromáticos O día non acompañou e a choiva estivo presente gran parte do tempo, así que os monitores e monitoras tiñan todo preparado con carpas para non mollarnos e poder realizar todas as propostas.  Na horta quitamos follas estropeadas, removimos a terra para preparala para sementar, atopamos caracois, formigas e outros animaliños e plantamos unha leituga que puidemos levar para casa.  No taller de pegadas participamos nun xogo para coñecer unha morea de animais do bosque, desde a pega ata o esquío, pasando pola marta ou a curuxa. Polas características que dicían as monitoras tiñamos que adiviñar de que animal se trataba e despois relacionar coa súa pegada. Sabiades que a pegada da curuxa é como a letra K pero ao revés? Despois do xogo,  estampamos unha pegada nun an...

ACTIVIDADES NA AULA DE 4 ANOS CURSO 24-25

Imagen
Un ano da para moito, así que recompilamos nun video moitas das experiencias e actividades que fixemos na aula de 5º de infantil, a clase de 4 anos.  Detrás das actividades en papel hai unha morea de traballo, non só dos mestres e mestras senón do propio alumnado , esperamos que así coñezades un pouco máis do que os vosos peques viviron na aula no curso 24-25. Feliz verán a todos e todas de parte de dos nenos, nenas e equipo docente da clase de 4 anos. 

FESTA FIN DE CURSO 5 ANOS 2025

Imagen
Ola familias!!      O curso e o ciclo de infantil xa chega ao seu fin, pero hai que despedilo como se merece.      Para elo, preparamos un baile de fin de curso chamado MAMMA MÍA . Podedes velo no seguinte vídeo. MAMMA MIA de SORAYA     Tamén puxemos audio ao CONTO VIAXEIRO elaborado por todo o grupo clase. Quedou espectacular!       Ademáis, non podía faltar FOTOS das mestras e mestres, así como dos nenos e nenas durante os 3 cursos de infantil, no seguinte vídeo:          E para rematar entrega de ORLAS .       Só teño palabras de agradecemento por estos 3 anos e emociónome en pensar que os botarei moito de menos. Espero que deixara unha pegada no seu corazón.     MOITA SORTE e a conseguir todos os vosos soños!!!                       SORAYA