01/12/2025

APRENDENDO NOVAS EMOCIÓNS

              Os "canciños" prepararon por parellas algunhas emocións para explicarlle aos seus compañeiros. Para iso utilizamos uns libros especiais de emocións.


 

30/11/2025

OBRADOIROS DOS VENRES

                                   Este venres obradoiro sensorial : "tocar e sentir".

Os nenos e nenas de infantil tocaron coas súas mans e cos seus pés diferentes texturas creando diferentes sensacións e disfrutaron xogando coas cores con pipetas.

 
 






 


 

CONTAMOS NÓS: LUCAS

Seguimos disfrutando da actividade Os martes contamos nós en 6º de Infantil. Esta semana tocoulle o turno a Lucas que nos recitou un fermoso poema de Antonio Noriega.


29/11/2025

XA QUEDA POUCO DE OUTONO

            O outono segue nas aulas de infantil no cole quintela: xogando, experimentando e sentindo...    

           mais xa queda pouco para cambiar de estación




 

28/11/2025

DEBUXANDO NA PANTALLA DIXITAL

 DEBUXO COLABORATIVO : os nenos e nenas de 6º de EI, debuxan falando e chegando a acordos para conseguir un gran cadro.

 


 

OS NOSOS CHAVEIROS


   Aquí está o producto final , despois de deseñar en papel,  e na pantalla dixital imprimimos os nosos  chaveiros.  na impresora 3D.

 



 

27/11/2025

XOGANDO NA CLASE DE 4º EI

                                                  OS MINIMUNDOS

                                                              




26/11/2025

Celebración 25N

No cole celebramos a conmemoración do 25N elaborando un mural colectivo co título "Coida as miñas ás". Cada neno e nena decorou unha pluma para facer este fermoso mural.




CONVERTENDO OS NOSOS DESEÑOS DE CANS PARA A IMPRESORA 3D

A profe Victoria converteu os nosos cans deseñados na pantalla dixital en deseños para a impresora 3D

unha vez preparados puxémos a impresora 3D a funcionar . 



 

24/11/2025

"OS CANCIÑOS" DESEÑAN NA PANTALLA DIXITAL

 Despois de debuxar diferentes cans no papel, votamos para decidir se deseñamos un can de corpo enteiro ou so a súa cabeza.

Gañou ...


 

23/11/2025

OBRADOIRO DO VENRES

Este venres 21 de novembro nos obradoiros semanais cociñamos pan pizza de xamón, estaba riquísimo  e non quedou nada.




        


E tamén fixemos unha obra de arte coas cores de outono.



22/11/2025

ARTE EN 6º DE INFANTIL

 Na aula dos canciños convertémonos en artistas facendo uns fermosos mosaicos.


19/11/2025

Contamos nós: Laia

 

Esta semana Laia contounos o conto "Oso cazamariposas" dentro da actividade Contamos nós, na aula de 6º de infantil.



UNHA MAÑÁ NO XIMNASIO

  • A FALTA DE PISCINA PARA AS BOLAS... LANZAMENTO Ó PARAUGAS

 

 
4º E 5º DE EI 

 

18/11/2025

CONTACONTOS DE SAMAÍN NA "CLASE DOS CANGUROS"

 CONTACONTOS DE SAMAÍN NA "CLASE DOS CANGUROS"

A "clase dos canguros" tivemos unha sorpresa espectacular; contamos coa visita da familia de Daniela, a súa nai, Tania, e o seu irmán, Yago, que nos viñeron a contar contos moi divertidos por Samaín. Ademais foi moi intrigante porque o ambientaron "terroríficamente". Moitas grazas pola visita. Esperámosvos pronto.

BOTAMOS DE MENOS O SOL

NESTE MES DE OUTUBRO  PLANTAMOS  LANDRAS NA BUSCA DUN CARBALLO.

QUE MORRIÑA ..NON PARA DE CHOVER.

 


 



 

 

 

17/11/2025

VISITA DO CANCIÑO LEO EN 6ºI

A clase de 6ºI segue aprendendo sobre os canciños. Hoxe tivemos a visita dun can moi especial, un caniche chamado Leo, o canciño da profe Ana.
Os peques aprenderon de maneira práctica e divertida como coidar a un can: darlle de comer e de beber, cepillalo, bañalo, poñerlle a correa e o arnés para sair de paseo, e por suposto educalo con cariño. 
Despois, disfrutamos un rato paseando a leo e xogando xunto.
Pasámolo xenial e aprendimos moitísimo!!

Foi un día moi emocionante!!!



MANUALIDADE DE OUTONO EN FAMILIA

 MANUALIDADE DE OUTONO EN FAMILIA NA "CLASE DOS CANGUROS"

Coa chegada do outono e, despois de todo o que levamos traballando con el, "os canguros" tivemos unha visita marabillosa na aula, a nai de Nairobi, Rebeca, que sempre se apunta a un bombardeo e nos trae ideas estupendas como a desta ocasión, un obradoiro onde o alumnado realizou o seu propio animal de outono, un fermosísimo ourizo. Quedaron preciosos. Moitas grazas Rebeca, esperámoste pronto. 





EMOCIONARTE

 A CLASE DOS CANCIÑOS  ELABORAN UN MURAL COAS SÚAS EMOCIÓNS