Amosando publicacións coa etiqueta proxectos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxectos. Amosar todas as publicacións

17/01/2024

FORMACIÓN NA RADIO ESCOLAR

Radio Buxaina segue o seu camiño, aprendendo, paseniño a paseniño. Esta semana tocoulle ao grupo de 5º de primaria recibir unha sesión de formación por parte de Rede Espora

Despois dunha sesión teórica na aula, acudiron en grupo á biblioteca escolar, para realizar a gravación dun podcast. 

Foi un día intenso pero moi interesante, xa desexando gravar novas cousas!

Grazas a Rede Espora e, en concreto, a Denís, polo seu traballo. 













09/06/2022

Proxecto "Lendas de Galicia"

Despois de varios meses de traballo recompilamos as fotos de todas as actividades feitas sobre as "Lendas de Galicia". Comezamos aló polo mes de decembro coa selección de lecturas e rematamos no mes de abril coa celebración do Día do Libro. Pescudas, creatividade, Entroido, lapbooks, contos, debuxos... houbo tempo para todo e moito esforzo por parte de todo o alumnado e profesorado da escola. 

Esperamos que vos guste o resultado e desfrutedes do video!


 

03/05/2022

ESPAZO CREATIVO PARA O CLUB DE LECTURA

No corredor da biblioteca creamos un espazo onde facemos visibles as lecturas que están a levar a cabo.




Ademais o alumnado participante pode poñer ideas e reflexións ou mostrar o resultado das diferentes tarefas que se propoñen a raíz de ler o libro seleccionado. Entre estas actividades elaboraron un ”knolling literario”, en concreto sobre dous títulos de Roald Dahl: “A marabillosa medicina de George” e “As bruxas”.

Que é o “knolling”? É unha técnica fotográfica que consiste en sacar unha foto cenital dunha serie de obxectos elixidos expresamente para esa ocasión.  No seguinte vídeo poderedes ver unha pequena explicación de como nace esta técnica e como aplicala ao mundo da literatura:

https://www.youtube.com/watch?time_continue=87&v=zdJQJXL4O_g&feature=emb_logo

A continuación vedes o resultado do “knolling literario” sobre “As bruxas” que fixeron “Os Cazalibros”. A que son xeniais?



07/02/2022

PROXECTO LENDAS DE GALICIA

No 2º trimestre o Equipo de Biblioteca en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo facer un proxecto sobre as Lendas de Galicia

Nestas semanas o alumnado está a investigar nas súas aulas e, para facilitar esta labor, temos expostos diferentes libros que poden axudar nesta interesante tarefa.

Seguiremos informando!


 

01/02/2022

Libro de experimentos polo Mes da Ciencia

Polo mes de novembro, co gallo do Mes da Ciencia en galego, o alumnado da escola estivo a facer diferentes experimentos. Como non podemos compartilos en persoa, decidimos escribilos e elaborar un pequeno libro que viaxará polas aulas.

Despois quedará na biblioteca para que todos e todas poidan consultalo cando queiran. 

Animámosvos a facer algún na casa! Seguro que o pasades xenial!




25/10/2021

LECTURAS NO DÍA DA BIBLIOTECA

Fotos das aulas participando nas lecturas polo Día da Biblioteca. A maioría dos cursos fixeron lecturas. Os grupos de sexto, os maiores,  asistiron a unha presentación sobre os cómics.

 

ALGUNHAS FOTOS DE TRABALLOS RELACIONADOS CO DÍA DAS BIBLIOTECAS







 Todo o alumnado fixo o seu libriño cun lema animando á lectura, a visitar a biblioteca, a ler algún título concreto..., e non podían faltar os seus debuxos acompañándoos.


27/09/2021

NOVO RECANTO DE IGUALDADE NO CENTRO

 A PESCADORA DE HISTORIAS ANÚNCIANOS A CREACIÓN DO RECANTO DE IGUALDADE NA NOSA BIBLIOTECA

19/04/2021

O PREGUNTÓN

 Iniciamos unha nova edición do noso concurso O PREGUNTÓN esperamos unha gran participación por parte do alumnado da nosa escola.

Aquí presentamos algunhas pistas do que vai acontecer e lembrade que tedes as guías da biblioteca á vosa disposición na nosa bitácora.






26/10/2020

Día da biblioteca

 Lecturas compartidas no día da biblioteca


Ao longo da semana cada aula estivo preparando recitados de poesía que logo foron gravados en vídeo. O noso xeito de celebrar este día tan importante para nós foi reproducir estes vídeos en todas as aulas do centro. Deste xeito todos estivemos presentes nesta celebración e todos fomos partícipes dos recitados, ben como emisores, ben como receptores...

13/02/2020

ESPAZO LEGO

O ano novo trouxo algúns cambios ao ESPAZO LEGO da nosa biblioteca, as quendas establecidas por cursos foron substituídas por un sistema de identificación específico para este recuncho dándolle así máis dinamismo a este espazo que, ás veces, non era ocupado polo curso en cuestión deixando así a parte do alumnado que sí desexaba facer construcións sen podder facer construcións. Así os interesados poden achegarse pola biblioteca calquera día independentemente do curso ao que pertenzan.





 


09/06/2019

AXENCIA DE VIAXES "MARTIANA" II



Para os entusiastas turistas espaciais, na nosa axencia seguimos traballando pensando nas mellores estancias que podedes gozar no planeta vermello, moita sabedoría nova para esculcar as entrañas do planeta. Segue a ligazón para saber máis Axencia Martiana

AXENCIA DE VIAXES "MARTIANA"

 Dentro do noso proxecto sobre o Sistema Solar xurdiron diversas actividades entre elas a nosa axencia de viaxes interestelar xerou este tríptico tan interesante para poder viaxar ao noso planeta.


                                                        Seguiremos informando

 

10/05/2019

Lecturas compartidas

O pasado 9 de maio, Erik Díaz de 4º de Educación Infantil, coa axuda de Cloé Filian de 6º de Primaria, leron o conto "El monstruo de colores" de Anna Llenas, aos seus compañeiros e compañeiras. Esto conto foi traballado na clase de Ensinanza Evanxélica e tiña como obxectivo coñecer as emocións e aprender a controlalas. Tamén fixemos unha actividade que consistía en colorear ao monstro coa cor correspondente, segundo como se sentía nese intre: se estaba triste de cor azul, alegre de amarela... Finalmente, agasallaron aos pequenos cun marcapáxinas. 


























27/02/2019

NOVIDADES

NOVIDADES MES DE FEBREIRO



Os marcianos deixaron a súa pegada na nosa biblioteca, non cabe dúbida, pero tamén se deixaron caer algunhas misións de exploración terrícolas polo planeta Marte.



 

As distintas expedición deixaron novidades para todos os gustos e idades: prelectores, primeiros lectores, lectores autónomos... e para todas as idades... Non si?

 








Arquivo do blog