22/11/2025

MES DA CIENCIA EN GALEGO 2025: MOITOS RETOS E UN EXPERIMENTO

Na segunda quincena de novembro temos varias propostas para conmemorar o Mes da Ciencia en Galego

  • Retos diarios na biblio para os nenos e nenas de 2º a 6º de primaria
  • Retos semanais para resolver na clase para os nenos e nenas de infantil e 1º de primaria
  • Gran reto no que poderán participar todos os nenos e nenas do cole... e os adultos que queiran tamén!
  • Experimentos compartidos: o alumnado de 1º e 2º de primaria compartirá co resto do alumnado un experimento que están a preparar na clase. 
Retos diarios

Retos de 2º e 3º

Retos de 4º

Retos de 5º e 6º

A Pescadora cos retos de infantil e 1º 

Nenas de 4º resolvendo retos :-)

Gran reto: Cantos peóns haberá no museo?

Aínda estás a tempo!


10/11/2025

NOVIDADES 1º TRIMESTRE 25-26

Neste trimestre houbo unha morea de novidades, moitas delas suxestións dos nenos e nenas do cole.

Como podedes decirlle á Pescadora que libros queredes ou algunha idea para mellorar a biblioteca? Deixando unha nota dentro da caixa de correo que está na biblioteca. Deste xeito a Pescadora tomou boa nota das vosas propostas e mercou libros de banda deseñada como "Pitufos", "El club de las canguro", "Dani y Evan" ou "Coraje"; narrativa como "El diario de Greg" o "Los compas" e libros informativos como un sobre a Primeira e Segunda Guerra Mundial.

A Pescadora tamén fixo a súa propia selección comprando libros informativos como "Inuit", "O gran libro das nosas vilas" ou "A egua de Breog´na", poesía como "Tesouro" de Hércules edicións, narrativa con Ledicia Costas con "Feriópolis"e banda deseñada como "Fantasmas" da editorial Maeva Young.

Esperamos que estas lecturas sexan do voso interese!






08/11/2025

MES DA CIENCIA EN GALEGO 2025: CONCEPCIÓN PAZ PENÍN

Este ano pon voz ao manifesto polo Mes da Ciencia en Galego a ferrolá Concepción Paz Penín, enxeñeira industrial, catedrática e doutora pola Universidade de Vigo. Actualmente, dirixe o Departamento de Enxeñaría mecánica, máquinas e motores térmicos e fluídos nesa universidade. Tamén é directora do Centro de Investigación en Tecnoloxía, Enerxía e Procesos Industriais (CINTECX). 


"As bibliotecas son parte esencial deste ecosistema: non só como espazos físicos, senón como nodos de encontro, conexión social e aprendizaxe permanente. A súa transformación dixital e social facilita que o coñecemento circule, que a ciencia se comparta e que máis persoas participen activamente, proporcionando as ferramentas para seguir aprendendo, cuestionando e creando. "

MES DA CIENCIA EN GALEGO 2025: ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA

En novembro conmemoramos o Mes da Ciencia en Galego, realizando varias actividades relacionadas coa ciencia e a lectura. Premendo na imaxe poderedes acceder a información interesante sobre esta celebración.

Na escola, na primeira quincena do mes, repartiremos polas aulas unhas caixas temáticas con libros de ciencia -principalmente en lingua galega- que estarán a disposición do alumnado durante todo o mes nas súas aulas. Neste sentido estamos a facer un esforzo por incorporar novidades científicas escritas en galego, actualizando á vez o noso catálogo de fondos informativos. 



Tamén realizaremos unha exposición de libros sobre matemáticas, que estarán no corredor da biblioteca e se poderán coller en préstamo cando se desexe. 







Na segunda quincena do mes haberá propostas máis interactivas. por unha banda, uns retos matemáticos que nenos e nenas poderán resolver na bibliteca no tempo de recreo e, por outra, o alumnado de 1º e 2º de primaria preparará uns experimentos que explicará ao resto dos compañeiros antes de acabar o mes de novembro. 

Esperamos que sexa un mes de moitas aprendizaxes e moitas lecturas!




07/11/2025

CLUB DE LECTURA 2025-2026

Comezaron as sesións do Club de Lectura da biblioteca dos tesouros con novos participantes, novo coordinador e novas lecturas!

A primeira sesión foi moi ben e xa está decidida a lectura para estas semanas, o libro de banda deseñada "Cuando brillan las estrellas". 


Neste tempo de encontro houbo tempo para comer, compartir alguna que outra sobremesa, establecéronse unha serie de normas de funcionamento e todos os integrantes firmaron un acordo de compromiso. 

Moitas grazas aos nenos e nenas de 6º de primaria por amosar tanto interese nesta actividade. 





Arquivo do blog