Esta semana, os novos libros son…
Biblioteca do cole
02/12/25
30/11/25
OS NOSOS CHAVEIROS DA IMPRESORA 3D
Aquí está o producto final, despois de deseñar en papel e na pantalla dixital imprimimos os nosos chaveiros na impresora 3D.
CONTAMOS NÓS: LUCAS
29/11/25
CHARLA DE "COMUNIDADES EN LIÑA"
O mércores 5 de novembro e o martes 18, as alumnas e alumnos de 6º de primaria recibiron unha formación sobre "Comunidades en liña". Unha actividade impartida por ÉRGUETE onde nos explicaron os diferentes tipos de acoso que podemos ter na rede, a dependencia que crea o mal uso da tecnoloxía e a privacidade e coidado que temos que ter coas redes sociais. Interesante!!
26/11/25
APRENDEMOS COA IMPRESORA 3D
A profe Victoria converteu os nosos cans deseñados na pantalla dixital en deseños para a impresora 3D
unha vez preparados puxémos a impresora 3D a funcionar .
25/11/25
CELEBRACIÓN 25N
24/11/25
DESEÑAMOS CANCIÑOS PARA A IMPRESORA 3D
Despois de debuxar diferentes cans no papel, votamos para decidir se deseñamos un can de corpo enteiro ou so a súa cabeza.
Gañou ...
22/11/25
CHARLA FAMILIAS: SAÚDE DIXITAL
Este xoves tivemos na biblioteca de Quintela unha charla para as familias sobre Saúde dixital e uso das pantallas nos menores.
21/11/25
SEMENTANDO OS NOSOS DEREITOS
Para conmemorar o "Día universal dos dereitos da infancia", os alumnos/as de primaria plantamos unhas sementes de Pensamentos aos que lle atribuímos un dereito. Desta forma recordamos ao alumnado que, ao igual que ás plantas, debemos coidar os seus dereitos todos os días.
20/11/25
Apadriñamento lector
Hoxe os nenos e nenas de 1º de primaria desfrutaron dun ratiño de lectura cos seus padriños e madriñas de 5º de primaria.
Foi moi agradable compartir este momento...
19/11/25
Contamos nós: Laia
Esta semana Laia contounos o conto "Oso cazamariposas" dentro da actividade Contamos nós, na aula de 6º de infantil.
18/11/25
CONTACONTOS EN INFANTIL
CONTACONTOS DE SAMAÍN NA "CLASE DOS CANGUROS"
A "clase dos canguros" tivemos unha sorpresa espectacular; contamos coa visita da familia de Daniela, a súa nai, Tania, e o seu irmán, Yago, que nos viñeron a contar contos moi divertidos por Samaín. Ademais foi moi intrigante porque o ambientaron "terroríficamente". Moitas grazas pola visita. Esperámosvos pronto.