Amosando publicacións coa etiqueta Competencia lectora. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Competencia lectora. Amosar todas as publicacións

10/04/25

HORA DE LER EN 3ºP

Adiantouse o verán e hoxe na hora de lectura buscamos un estupendo refuxio para gozar da lectura.








 

13/03/19

Compartindo lecturas

Hoxe os nenos e nenas de 6º E.I. estiveron na biblioteca cos seus padriños e madriñas lectores de 5º E.P. Lemos contos, vimos imaxes, contamos, imaxinamos... Encántanos!







09/02/19

3º de Primaria e o escornabot

Os nenos e nenas de 3º de primaria usaron o Escornabot para aprender sobre adiviñas do outono. Traballaron a orientación espacial, a oralidade, a lectura, o respecto polas normas de xogo, etc.


29/11/18

Adiviñas de outono en 1º e 2º curso co escornabot

Os nenos e nenas de 1º e 2º curso aprenderon adiviñas relacionadas co outono e, aproveitando os escornabots, fixemos un xogo coas mesmas. Dividimos a clase en 4 equipos e, cada dous equipos un taboleiro no que aparecía as solucións ás adiviñas que cada equipo tiña en tarxetas que utilizaban para preguntar aos contrarios. Se acertaban a resposta levando o robot ao sitio correcto, conseguían un Pacopunto. Pasámolo moi ben!!!

Aquí podedes ver as dúas plantillas, as adiviñas, e a explicación detallada do xogo (facendo clik nas palabras plantillas, dúas, adiviñas e explicación).

Tamén deixamos a imaxe do Pacopunto e un vídeo resumo de como fixemos a actividade.





26/11/18

PADRIÑOS LECTORES

ESTE CURSO COMEZAMOS UNHA NOVA ACTIVIDADE PROMOVIDA DENDE A BIBLIOTECA ESCOLAR PARA PROMOVER A LECTURA: O APADRIÑAMENTO LECTOR.
HOXE OS NENOS E NENAS DE 6º DE INFANTIL RECIBIRON OS SEUS PADRIÑOS LECTORES, OS NENOS E NENAS DE 5º DE PRIMARIA, E APROVEITAMOS PARA PRESENTARNOS E LER UNS CONTOS COS  QUE GOZAMOS MOITO.






03/11/16

Club de lectura de 5º

Ola a todos e todas.
Nós somos o novo club de lectura de 5º.
É o primeiro ano que realizamos esta actividade e estamos moi ilusionados con ela.
Decidimos chamarnos "Os ratos lectores" e comezaremos co libro de "Charlie e a fábrica de chocolate" que como sabedes é de Roald Dahl.
Un saúdo e felices lecturas.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...