Santiago de Compostela, España
Patrimonio e Educación, son dúas caras da mesma moeda, un tándem invisible para a concreción da identidade social e individual. O noso traballo céntrase no Entroido como rito colectivo e xermolo de desenvolvemento comunitario. Para isto, realizamos unha investigación empregando como instrumento unha entrevista semiestructurada con diferentes axentes chave na dinámica desta celebración. O obxectivo será coñecer a vinculación entre Entroido e a implicación social nos lugares onde este posúe maior raigame. Os resultados mostran o potencial desta festividade invernal para xerar dinámicas espontáneas e organizadas no desenvolvemento e dinamización do medio rural e na construcción da sociedade civil.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados