Tres novelas de Suso de Toro debuxan un mapa diferenciado dos discursos sociais e culturais de Santiago de Compostela, claramente recoñecible na súa fisonomía (arquitectura, estruturas de poder, subconsciente mítico, axents institucionais) e tanto na súa historia como na súa vitalidad contemporánea. Unha aguda conciencia do lugar artéllase en cada un deses textos, respectivamente baseada na indagación da ruinosa contemporaneidade da urbe (Ambulancia), a da súa orixe mítica (Trece badaladas) e a da súa memoria histórica (Home sen nome). Así, a ficción literaria constrúe un imaxinario polifónico para Santiago de Compostela que ofrece ao mesmo tempo toda unha antroploxía dese espazo urbano.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados