A prensa do tecido societario galego alén mar é unha das fontes de maior relevo de cara a recrearmos e estudarmos a emigración galega. Cando menos, é de grande interese para coñecermos de perto a urdime organizativa que deu lugar á comunidade galega expatriada. Así pois, a través dos periódicos "Galicia Moderna", "Centro Gallego" e "Terra" esculcamos na presente achega arredor da visión que da Galiza tiñan as nosas e nosos emigrados.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados