Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Galicia e Alxeria, sociedades patriarcais e matriarcais: a cultura e a escola dende a perspectiva dun inmigrante alxeriano

  • Autores: Lucía Casal de la Fuente
  • Localización: II Xornada Universitaria Galega en Xénero / Ana Jesús López Díaz (ed. lit.), Anabel González Penín (ed. lit.), Eva Aguayo Lorenzo (ed. lit.), 2014, ISBN 978-84-9749-599-8, págs. 313-318
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Ofrecemos nesta comunicación a visión da sociedade, cultura e escola de Galicia e Alxeria, en boca dun alumno de Educación Secundaria inmigrante para Galicia. Os datos forman parte dunha investigación dentro da temática do alumnado inmigrante en Galicia, do choque cultural e da adaptación.

      Recórrese á entrevista semiestruturada como xeito de acceso á información, cuxos resultados aportan información sobre a escola alxeriana en primeira persoa e voz do protagonista do noso estudo de caso: niveis educativos, características do profesorado e das escolas... Tamén aportamos algunhas peculiaridades da adaptación á sociedade galega que viviu este rapaz con respecto ás dificultades idiomáticas (chegou ao noso país sen coñecer en absoluto a nosa lingua), impacto da cultura galega na súa de orixe, a importancia de manter os trazos da súa cultura (para el, o máis importante é manter o compromiso coa súa xente), relixión, comparación de sociedades (matriarcal e patriarcal), etc. Pechamos a comunicación facendo fincapé na importancia do concepto de intelixencia socio e multicultural no intento de velar polos procesos de integración e inclusión de calidade deste alumnado.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno