Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Grupo de Innovación Educativa nos Estudos Ingleses e Irlandeses

María Jesús Lorenzo Modia, Eduardo Barros-Grela

  • Tanto a área das Humanidades como especificamente os Estudos Ingleses atópanse nun importante momento de transición durante o primeiro cuarto do século XXI. A situación xeopolítica actual, dominada polas tensións entre a globalización e as sensibilidades locais, invita a repensar as relacións dos individuos e das comunidades coa cultura e coas letras e, por este motivo, é importante xerar coñecemento que se adecúe ás necesidades do alumnado que estará exposto a este panorama social.

    Neste sentido, dende os Estudos Ingleses da Facultade de Filoloxía e os Estudos Irlandeses do Instituto Universitario de Estudos Irlandeses, estanse a facer esforzos por achegar ao noso alumando e á comunidade local e global o coñecemento cultural e académico que manexamos nas nosas actividades universitarias, e estanse a desenvolver iniciativas para dinamizar estes clusters informativos. Unha destas propostas educativas consiste no desenvolvemento dunha rede informativa sobre os recursos de investigación no ámbito dos Estudos Irlandeses. O grupo de investigación de Estudos Irlandeses está a crear unha páxina de contidos web que pretende ser pioneira no ámbito estatal, e que recollerá ferramentas de investigación relacionadas coa lingua, a literatura, a cultura, o cine e as artes do ámbito irlandés. O póster que se propón para as III Xornadas de Innovación Docente na UDC recolle os obxectivos, a metodoloxía, os potenciais resultados e as conclusións das diferentes ramas de noso grupo de innovación docente.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus