Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Apuntamentos sobre corpo e feminidade na psicanálise lacaniá e na filosofía de Deleuze e Guattari

  • Autores: Francisco Conde Soto
  • Localización: Trazos de xénero no século XXI: III Xornada Universitaria Galega en Xénero, Pontevedra, 5 de xuño 2015 / Anabel González Penín (dir.), Ana Jesús López Díaz (dir.), Eva Aguayo Lorenzo (dir.), 2015, ISBN 978-84-8158-694-7, págs. 179-188
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Jacques Lacan, psicanalista francés, no seu seminario XX Aínda (1972- 73) introduce unha modificación no seu concepto de goce [jouissance] é afirma que é necesario distinguir dúas lóxicas: por unha banda, unha lóxica de goce fálico masculina, na que non se permite a excepción, unha lóxica do Todo; e por outra, unha lóxica feminina, onde está presente o goce fálico e ademais un suplemento de goce Outro. Este goce Outro resulta un enigma mesmo para quen o sente no seu corpo, do que non se pode dicir practicamente nada. Trátase de posicións do suxeito independentes da anatomía. Unha vez caído o réxime do Edipo a súa idea é que está en marcha na sociedade un proceso de feminización do goce que se está xa a producir e que dificilmente será parábel.

      O filósofo Gilles Deleuze e o psicanalista francés Félix Guattari pensan a feminidade no seu texto clave Mil mesetas (1980) co concepto de devir-muller. Devir-muller é unha operación referida á construción dun corpo sen órganos en clave feminina, é dicir, ir máis alá de pensar o corpo como un organismo para atender a aquilo máis singular de cada corpo. É unha noción que se pensa a si mesma como política, como un proceso de liberación da minoría que son as mulleres e de toda minoría. Tódolos suxeitos independentemente do seu sexo deben devir-muller.

      Trátase nesta comunicación de ver a coincidencia aló menos en dous puntos fundamentais de ámbalas dúas propostas: pensar a feminidade como unha maneira especial de relacionarse co propio corpo e soster que esa relación debe ser xeneralizada para todos os xéneros.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno