Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de "Con abundancia de razóns": a literatura na "Gramática" de Saco Arce

Teresa López

  • As gramáticas galegas publicadas no século XIX non se limitaron á descrición e á prescrición gramatical: todas elas teñen un certo carácter híbrido e inclúen informacións e materiais diversos, cunha presenza importante da literatura. Neste artigo, repasamos as referencias á literatura e a presenza da produción literaria na Gramática gallega (1868) de Saco Arce, para analizar as súas funcións no discurso gramatical, mais tamén patriótico, do autor ourensán.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus