Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Amor e violencia: unha perigosa relación nas parellas de adolescentes. Unha cuestión da educación social?

    1. [1] Universidade de Vigo

      Universidade de Vigo

      Vigo, España

  • Localización: Educación social e escola: análise da última década (2006-2016) / Xosé Manuel Cid Fernández (dir.), Sofía Riveiro Olveira (dir.), María Victoria Carrera Fernández (dir.), María Montserrat Castro Rodríguez (dir.), Xosé Ramos Rodríguez (dir.), Alberto Fernández de Sanmamed Santos (dir.), Antía Cid Rodríguez (dir.), Patricia Alonso Ruido (dir.), Francisco Xosé Candia Durán (dir.), 2018, ISBN 978-84-697-7024-5, págs. 753-768
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • O obxectivo deste estudo consiste en analizar a percepción da Violencia de Xénero relacionada co ideal de parella e os mitos do amor romántico das e dos estudantes de 1º e 2º ciclo de Educación Secundaria Obrigatoria e comprobar a necesidade no sistema educativo da incorporación do/a profesional da Educación Social. Para realizar esta investigación, contamos coa participación de 64 estudantes, 35 rapazas e 29 rapaces, con idades comprendidas entre 12 e 17 anos, pertencentes a un IES do Concello de Xinzo da Limia. Os resultados deste estudo confirman que mozos e mozas definen as relacións de parella con cualificativos como amor, confianza e comprensión. Tamén podemos destacar que rapaces e rapazas presentan unha visión estereotipada do amor. Salientamos que maioritariamente as mozas e os mozos están de acordo co mito da media laranxa, co mito dos celos e co mito da omnipotencia. De forma diferenciada, os rapaces tamén están de acordo co mito da entrega total, mentres que as rapazas co mito dos polos opostos e da paixón eterna. Outro resultado é a dificultade que soen ter os rapaces e rapazas para identificar as situacións de violencia psicolóxica/verbal xa que as teñen normalizadas na súa forma de relacionarse. Polo tanto, consideramos que é importante traballar cos e coas adolescentes dende unha perspectiva coeducativa, na cal se rompa cos estereotipos de xénero asociados ao amor e se promovan as relacións de parella saudables, e quen mellor que o/a educador/a social, que ten as competencias e formación necesarias para levar a cabo este tipo de accións


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno