Daniel Cortezón (1927-2009), dramaturgo, ensaísta e narrador en galego e en español, publica s súa primeira obra, a novela As covas do rei Cintolo, en 1956- Porén, a súa proxección pública como escritor galego estará asociada á produción dramática, en concreto á creación dun teatro histórico de intención política e social. Neste traballo son tratadas dúas pezas inéditas dos seus inicios como dramaturgo. O cego (1959) e O renarte Ciprián (1960) cuxo coñecemento contribúe a completar a historia de literatura dramática galega durante o franquismo. Ambas mostran novas facetas da escrita teatral en galego de Cortezón: a peza breve O cego responde á definición de obra menor de orientación vangardista que o propio autor sinalou como unha das vías para a creación dun teatro galego, mentres O renarte Ciprián é un divertimento escénico con elementos de sátira literaria que transforma en personaxes dramáticos algúns dos protagonistas destacados da recuperación cultural galega na década de 50.
Daniel Cortezón (1927-2009) was a playwright essayist and narrator in Galician and Spanish. His first work, the novel As covas do rei Cintolo, was published in 1956. However, as a Galician writer, he is better known for his dramatic production, specifically for the creation of historical theatre with a political and social message. This article analyses two unpublished plays from Cortezon's beginnings as a playwright, which offer new insight into the history of Galician dramatic literature during the Franco regime. O cego (1959) and O renarte Ciprian (1960). Both plays also reveal new facets of the author's theatrical writing in Galician. The short play O cego is a minor work of avant-garde theatre, wich the author himself identified as a way of creating distinctively Galician drama. For its part, O renarte Ciprián is a dramatic divertissement with elements of literary satire, the characters of which are based on prominent figures from the Galician cultural revival of the 1950s.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados