Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Avaliación da competencia dos xurados e aportacións procesuais desde a psicoloxía ó xurado

  • Autores: Ramón Arce Fernández, Francisca Fariña Rivera, Mercedes Novo Pérez
  • Localización: Cadernos de psicoloxía, ISSN 0213-5973, Nº. 23, 1998 (Ejemplar dedicado a: Intervencións no ámbito xurídico), págs. 28-39
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • Dous dos tópicos nos que aparecen indefectiblemente ligados as aportacións claves da psicoloxía ó xurado son a avaliación da competencia destes e dos desenvolvementos procesuais. Desde antano achacouse ó xurado certa incompetencia no desenvolvemento do seu labor legal na Administración de xustiza. Neste sentido, só ata moi recentemente, non se xeneralizou a toda a poboación o dereito de ser un xurado sobre a base de que algúns estratos sociais non estaban capacitados. As probas científicas sobre a capacitación ou non do xurado proveñen da psicoloxía, mostrando unha boa aptitude en casos penais pero non en civís. Sobre o dereito procesual que afecta os xurados, foron nos anos 70 cando se consolidou, especialmente a través do manexo dos achados de Kalven e Zesiel (1966), facéndose despois extensivo a outros aspectos procesuais nos que non estaban directamente implicados os xurados (Loh, 1981). Estas aportacións extra-forenses contribuíron moito a que a psicoloxía teña, hoxe en día, un peso forense moi elevado. No presente artigo revísanse e coméntanse ámbolos dous aspectos introducindo investigacións propias dos autores.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno