Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Educación, inclusión social e dixitalización da aprendizaxe: aprendizaxes e estratexias para garantir a igualdade de oportunidades: EpDLab como estudo de caso durante a crise da covid-19

  • Autores: Roi Guitián, María Lobo Romero
  • Localización: Eduga: revista galega do ensino, ISSN-e 2171-6595, Nº. 88, 2024
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Durante o ano 2020, as institucións educativas tiveron que adaptar toda a súa actividade docente a modelos de aprendizaxe virtual por mor dunha emerxencia sanitaria. No marco da ESO, este proceso de adaptación foi clave para seguir garantindo a educación como dereito fundamental da cidadanía, en especial das persoas menores de idade. Neste traballo, expoñemos as conclusións acadadas no marco dun proxecto de Educación para a Cidadanía Global, un programa no que colaboran cinco IES galegos e mais un equipo de educomunicación de AGARESO. Entendemos a educación como eixe vertebral para a inclusión social e a igualdade de oportunidades e, a través dun estudo de caso e da súa comparación con diferentes informes nacionais e europeos, queremos poñer o foco na dixitalización da aprendizaxe como un factor determinante para a equidade, a igualdade de oportunidades, a alfabetización dixital e mediática e a redución das desigualdades, xa que non é só un proceso tecnolóxico, senón tamén pedagóxico e social.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno