Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Estratexias para a xestión sostible de residuos vitivinícolas na provincia de Ourense

    1. [1] Universidade de Vigo

      Universidade de Vigo

      Vigo, España

    2. [2] Universidade do Minho

      Universidade do Minho

      Braga (São José de São Lázaro), Portugal

  • Localización: Proxectos INOU 2023: Investigación aplicada na provincia de Ourense, 2024, ISBN 978-84-1188-035-0, págs. 31-61
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Nos últimos anos está a aumentar a demanda de produtos biofuncionais a partir de recursos naturais, especialmente derivados de subprodutos agroforestais grazas á súa sustentabilidade e renovabilidade. Neste sentido, persoal investigador e industrias incidiron na procura de novas materias primas ricas en compostos bioactivos de interese para a industria alimentaria, farmacéutica e cosmética. Este traballo trata unha estratexia de valorización integral de diferentes residuos da industria vitivinícola (bagazo e poda de vide) para obter produtos de alto valor como compostos antioxidantes, prebióticos e bioetanol. Ademais, elaborouse unha análise socioeconómica para comprender a viabilidade do estudo na provincia de Ourense.

      En resumo, as tecnoloxías de explosión de vapor e de quecemento óhmico postúlanse como métodos eficientes e respectuosos co medio ambiente para procesar biomasa lignocelulósica e son ferramentas útiles para recuperar compostos biofuncionais a través do enfoque da biorrefinaría. A partir destas tecnoloxías pódense obter extractos bioactivos da poda de vide e do bagazo da uva, que se empregan na formulación de alimentos (como conservantes, antioxidantes ou ingredientes bioactivos) e no sector nutracéutico. Ademais, as podas de vide pretratadas con explosión de vapor poden ser aproveitadas e valorizadas en diversos sectores industriais como, por exemplo, para a produción de biocombustibles.

      Desde o punto de vista socioeconómico, a través dunha estratexia apoiada na economía circular, o desenvolvemento de produtos de alto valor procedentes dos residuos agrícolas pode ser unha oportunidade para o desenvolvemento sostible das zonas rurais. Mediante a reutilización de subprodutos, a redución dos custos dos insumos e a reciclaxe dos residuos xerados durante o seu procesamento, increméntase a oportunidade de implantar elementos de sustentabilidade e resiliencia nos sistemas produtivos das agroindustrias, así como a creación de emprego e a mellora da xestión dos residuos agrícolas e industriais.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno