A Coruña, España
Este artigo é unha autocrítica. Partindo das distintas teorías da tradución (sobre todo, da Escola do sentido de Delisle) e das achegas de Xoan González-Millán, Pierre Bourdieu e Itamar Even-Zohar, levo a cabo unha reflexión sobre a postura teórica que defendo no meu labor de tradutora non profesional. Subliño a importancia da tradución como manipulación cultural nos sistemas literarios minoritarios e analizo como a actividade tradutora participa na normalización e institucionalización do sistema. Centrándome logo na tradución ao galego de Les affaires sont les affaires de Octave Mirbeau, aludo ás dificultades para atopar editor e defendo e xustifico a necesidade de incluír este autor no sistema literario galego. Analizo, finalmente, aqueles elementos que me levaron a cuestionar o fondo e a forma do meu traballo.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados