Ha sido reseñado en:
Mariño, Paz (2017): "Fonética e fonoloxía históricas da lingua galega". Vigo: Xerais, 699 pp.
Madrygal: Revista de estudios gallegos, ISSN 1138-9664, Nº 20, 2017, págs. 315-316
Ramón Mariño Paz (2017). Fonética e fonoloxía históricas da lingua galega
Ignacio Vázquez Diéguez (res.)
Limite: Revista de Estudios Portugueses y de la Lusofonía, ISSN 1888-4067, ISSN-e 2253-7929, Vol. 12, Nº. 1, 2018, págs. 276-280
Ramón Mariño Paz. Fonética e fonoloxía históricas da lingua galega. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. 2017. 699 pp.
Estudos de lingüística galega, ISSN 1889-2566, Nº. 11, 2019, págs. 353-356
Lletres asturianes: Boletín Oficial de l'Academia de la Llingua Asturiana, ISSN-e 2174-9612, ISSN 0212-0534, Nº. 121, 2019, págs. 171-173
O cambio lingüístico calla cando unha innovación fonética, fonolóxica, morfolóxica, sintáctica, lexical, semántica ou pragmático-discursiva alcanza un suficiente grao de difusión nas distintas variedades dun idioma. Estas innovacións nacen ás veces debido a impulsos que teñen que ver estritamente coa necesidade de que as linguas se manteñan como sistemas ordenados de signos, mais a miúdo responden á influencia de condicionantes extrasistémicos, nomeadamente de carácter social. A tarefa do lingüista histórico consiste en valerse de fontes de estudo sempre precarias para reconstruír a secuencia de mudanzas experimentadas por un sistema lingüístico desde un pasado adoito remoto ata o presente, así como en indagar sobre as motivacións que as propiciaron. Moitas das páxinas deste libro están dedicadas á exposición das mudanzas fonéticas e fonolóxicas que mediaron entre o latín que os romanos trouxeron á Gallaecia no século II a. C. e o galego que chegou ás portas do século XVI. É un período moi extenso cuxa exposición non podemos subdividir, porque a escaseza dos coñecementos que temos sobre o latín galaico e o protorromance galego aínda non nolo permite. O percorrido complétase coa reconstrución das mudanzas do galego medio (sécs. XVI-XVIII) e do galego contemporáneo (sécs. XIX-XXI), que vive certamente asediado por graves problemas, mais sostido por un grupo social aínda numeroso e en condicións de desempeñar todo tipo de funcións comunicativas [Extraído de la web de la editorial].
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados