alimento
Aparencia
Galego
alimento m (sg: alimento; pl: alimentos)
- (Alimentación) Substancia normalmente comida ou bebida por seres vivos. O termo alimento inclúe tamén bebidas líquidas. A comida é a principal fonte de enerxía e nutrición dos animais, e é xeralmente de orixe animal ou vexetal. Diversas disciplinas encárganse do estudo dos alimentos desde enfoques distintos : a bioloxía estuda os mecanismos de obtención, dixestión e refugallo dos alimentos por parte dos organismos, a ecoloxía estuda as cadeas alimentarias, a química dos alimentos a composición dos alimentos e o xeito no que se metabolizan dentro do organismo, e a tecnoloxía dos alimentos estuda a elaboración, produción e uso dos produtos destinados ao consumo humano.