mensaxe
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do occitano antigo messatge, e este de mes ,'mensaxeiro', tomado do latín missus, 'enviado', e -atge '-axe' .
- Pronuncia: /meŋ.'sa.ʃe̯/ (AFI)
mensaxe (sg: mensaxe; pl: mensaxes)
- Conxunto de palabras dirixidas a alguén, de xeito oral ou por escrito, para comunicarlle algo.
- Exemplo: O novo alcalde manda mensaxes cada día poila radio.
- Exemplo: O novo alcalde manda mensaxes cada día poila radio.
- Comunicación que envía alguén a outra persoa.
- Exemplo: Mandei unha mensaxe á miña avoa anunciándolle unha visita
.
- Exemplo: Mandei unha mensaxe á miña avoa anunciándolle unha visita
- Conxunto de sinais, signos ou símbolos utilizados para unha comunicación, e o propio contido desa comunicación.
- Exemplo: Tivemos que descifrar unha mensaxe moi complicada.
- Exemplo: Tivemos que descifrar unha mensaxe moi complicada.
- Discurso público solemne do xefe do Estado ou dunha alta autoridade.
- Exemplo: O presidente do Goberno enviou unha mensaxe á nación por televisión.
- Exemplo: O presidente do Goberno enviou unha mensaxe á nación por televisión.
- Información enviada por correo electrónico.
- Exemplo: Mandei unha mensaxe ao teléfono da miña muller dicíndolle que chegaría tarde a cear.
- Exemplo: Mandei unha mensaxe ao teléfono da miña muller dicíndolle que chegaría tarde a cear.
- Por extensión, sentido profundo revelado por unha obra intelectual ou artística.
- Exemplo: A novela encerra unha mensaxe de amor.
- Exemplo: A novela encerra unha mensaxe de amor.
- (Bioloxía) Sinal que, mediante mecanismos sobre todo bioquímicos, induce nas células ou nos organismos unha resposta determinada.
- Exemplo: As hormonas son importantes transmisoras de mensaxes.
- Exemplo: As hormonas son importantes transmisoras de mensaxes.
- (Lingüística) Conxunto de sinais, signos ou símbolos que son obxecto dunha comunicación.
- (Lingüística) Contido dunha mensaxe.