Saltar ao contido

faixa

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «faixa».
  • Pronuncia: /ˈfajʃa̝/ (AFI)

Substantivo feminino

faixa (sg: faixa; pl: faixas)

  1. Tira de tecido, ou outro material, que se pon arredor da cintura ou do corpo por riba da roupa.
  2. Terreo ou espazo máis longo ca ancho, con forma de tira.
  3. Prenda de roupa interior que se cingue á cintura.
  4. (Heráldica) Banda que atravesa un escudo.
  5. (Veterinaria) Enfermidade parasitaria propia de vacas e ovellas, transmisible ó home, causada polo trematodo Fasciola hepatica ou Dicrocoelium lanceolatum.
    • Sinónimos: distomatose hepática, fasciolíase, fasciolose; denominacións populares: mal do herbo, papeira, papo.
    • Observacións: O parasito localízase nas vías biliares e provoca inflamación das vías, retención biliar e serios transtornos nutricionais. Síntomas características son o edema do papo (papeira) e erizamento do pelo na rexión das costas (faixa).
    • Observacións: O DRAG defíneo como "Enfermidade pulmonar que afecta as vacas e outros ruminantes...", pero en realidade o órgano afectado é o fígado.
  6. (Botánica) Alga Saccharina latissima.

Traducións