Saltar ao contido

pulmón

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «pulmón».
  • Pronuncia: /pulˈmoŋ/ (AFI)
Aparato respiratorio. Os pulmóns, en rosa

Substantivo masculino

pulmón (sg: pulmón; pl: pulmóns)

  1. (Anatomía) Órgano par no peito, propio dos animais vertebrados, percorrido polos bronquios e bronquíolos. Nel realízase o fenómeno da respiración (o intercambio de gases). Ocupa a cavidade torácica, co corazón no medio, e divídese en lóbulos.
  2. (Zooloxía) Órgano do sistema respiratorio de certos moluscos gasterópodos terrestres.

Traducións


Asturiano

  • Pronuncia: /pulˈmoŋ/ (AFI)

Substantivo masculino

pulmón (sg: pulmón; pl: pulmones)

  1. (Anatomía) Pulmón.


Castelán

  • Pronuncia: /pulˈmon/ (AFI)

Substantivo masculino

pulmón (sg: pulmón; pl: pulmones)

  1. (Anatomía) Pulmón.