Australasia
(en) Australasia | |||||
Tipo | rexión xeográfica | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Oceanía | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Composto por | |||||
Características | |||||
Atravesa | Australia, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Indonesia, Fidxi, Illas Salomón, Vanuatu e Francia | ||||
Australasia ( pronunciación (axuda · info)) é unha rexión de Oceanía que comprende Australia, Nova Zelandia, a illa de Nova Guinea, e as illas próximas do océano Pacífico. O termo foi ideado por Charles de Brosses na súa obra Histoire des navigations aux terres australes (1756). Deriva da palabra latina que indica o sur, austral, para identificar esta rexión ao "sur de Asia", diferenciándoa de Polinesia (ao leste) e de Micronesia (ao nordeste). Australasia, ao igual que India, descansa na placa indoaustraliana.
Xeografía humana
Xeopoliticamente, o termo Australasia sen ningún outro cualificativo, úsase ás veces para nomear a Australia e Nova Zelandia xuntas. Ás veces se inclúe no termo a illa de Nova Guinea (Papúa Nova Guinea e a parte indonesia da illa). Hai moitas organizacións que preceden o seu nome de "(Real) Sociedade Australasiana" para indicar xustamente que se limita a Australia e Nova Zelandia.
No pasado, o termo Australasia foi usado para nomear aos equipos deportivos conxuntos de Australia e Nova Zelandia. Exemplos disto son o equipo de tenis entre 1905 e 1915, cando Nova Zelandia e Australia competiron xuntas na Copa Davis; ou o equipo olímpico de ambos países que competiu nas olimpíadas de verán de 1908 e 1912.
Xeografía ecolóxica
Desde un punto de vista ecolóxico, a zona ecolóxica australasiana é unha rexión diferenciada cunha xeoloxía e historia evolutiva propias e unha gran cantidade de flora e fauna única. Neste contexto, Australasia limítase a Australia, Nova Guinea, Nova Zelandia, Nova Caledonia, e illas adxacentes, incluíndo as illas orientais indonesias de Lombok e Sulawesi. A liña imaxinaria que marca a división biolóxica entre Australasia e a ecozona Indomalaia na Asia tropical, coñécese como Liña de Wallace - Borneo e Balí están do lado asiático.
Australia, Nova Zelandia e Nova Caledonia son fragmentos do antigo supercontinente Gondwana. Durante millóns de anos, estas tres masas de terra foron separándose dos outros continentes, e entre si. Toda Australasia comparte a flora Antártica, se ben as illas tropicais do norte tamén teñen en común moitas plantas co sueste asiático.
Australia, Nova Guinea, e Tasmania están separadas entre si por plataformas continentais pouco profundas que estiveron unidas cando o nivel do mar era inferior durante a Idade do Xeo. Comparten unha fauna similar que inclúe marsupiais, mamíferos monotremas e aves ratites. O eucalipto é a árbore predominante na maior parte de Australia e Nova Guinea. Nova Zelandia non ten mamíferos terrestres autóctonos, pero si tiña tamén aves ratites, incluíndo o kiwi e o extinto moa. A ecozona australasiana inclúe algúns grupos de illas próximos como Wallacea, o Arquipélago Bismarck, as Illas Salomón, e Vanuatu, as cales non formaban parte anteriormente de Gondwana, pero comparten con Australasia moitas plantas e animais característicos.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Comentario de Kel Richards acerca do termo Australasia en ABCNewsRadio (en inglés)
- Australasia na Enciclopedia Británica (en inglés)