Ager Aketxe
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Ager Aketxe Barrutia 30 de decembro de 1993 (30 anos) Bilbao, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,74 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2011 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Major League Soccer | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Isaac Aketxe |
Ager Aketxe Barrutia, nado o 30 de decembro de 1993 en Itzubaltzeta (Getxo), é un futbolista español, que xoga como mediapunta no Zaragoza da Segunda División.
Traxectoria
Nacido e criado no barrio de Itzubaltzeta, en Getxo,[1] dedicouse ao fútbol seguindo os pasos de seu pai Isaac, defensa central entre outros do Bilbao Athletic, o Arenas Club, o Mirandés ou o Basconia; e de seu irmán maior, tamén chamado Isaac e tamén futbolista.[2]
Comezou a xogar na canteira do Arenas de Getxo, ingresando aos 9 anos no equipo alevín do Athletic Club[3]. Subiu polas diferentes categorías inferiores ata que na tempada 2011/12 debutou na Terceira División co Basconia, segundo filial do club, co que xogou 32 partidos, marcando 6 goles. No verán de 2012 pasou ao Bilbao Athletic, da Segunda División B, conxunto adestrado por Ziganda e onde coincidiu con xogadores como Kepa, Remiro, Lekue, Yeray, Laporte ou Iñaki Williams. Nos seus primeiros partidos apenas contou con minutos, pero na segunda parte da tempada acabou sendo un titular habitual e peza importante do equipo que disputou a promoción de ascenso a Segunda.[4] Na seguinte campaña disputou todos os partidos, marcando seis goles, tres deles de falta directa.
Para a tempada 2014/15 foi subido ao primeiro equipo, adestrado por Ernesto Valverde.[5] Debutou co Athletic nun partido da Liga de Campións ante o Shakhtar Donetsk en San Mamés, substituíndo no cuarto de hora final a Iker Muniain. Acabou o encontro cunha fractura nun dedo do pé dereito que o deixou varias semanas de baixa.[6] Sufriu ademais dúas lesións musculares durante a tempada, que completou cun total de 12 partidos e un gol, conseguido nunha vitoria ante o Elche (2-3).[7] O 30 de maio estivo na final da Copa do Rei que o seu equipo perdeu ante o FC Barcelona no Camp Nou, aínda que permaneceu todo o partido no banco de suplentes, do mesmo xeito que uns meses despois na Supercopa de España que o seu equipo conquistou ante o propio club catalán.
A fichaxe de Raúl García complicou as súas opcións no Athletic, polo que no mercado invernal recibiu ofertas de cesións a varios equipos. Con todo, decidiuse que baixase de novo ao filial para axudalo a conseguir a permanencia na Segunda División.[4] A pesar de xogar só a metade final da tempada, acabou como o máximo goleador do equipo, con 8 tantos, entre eles 3 de falta directa e un triplete ante a Ponferradina,[8] pero foi insuficiente para manter a categoría. Na antepenúltima xornada de liga ante o Alavés, Aketxe sufriu unha grave lesión, ao romper o ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito.[9] Con todo, foi elixido entre os tres xogadores revelación da categoría pola LFP.[10]
Tras varios meses de recuperación da súa lesión, en xaneiro de 2017 foi cedido ao Cádiz, tamén de Segunda. Xogou 18 partidos no club amarelo e marcou 5 goles, un deles na promoción de ascenso ante o Tenerife. Para a tempada 2017/18 regresou ao Athletic, pero apenas contou con oportunidades, polo que en febreiro rescindiu o seu contrato, despois de case 15 anos no club.[11] Xusto a continuación marchou á MLS, asinando como novo xogador do Toronto.[12] Debutou nun partido da Liga de Campións da CONCACAF ante o Colorado Rapids e disputou un total de 14 encontros co club canadense. En xullo de 2018 foi cedido ao Cádiz, iniciando así a súa segunda etapa no club andaluz. En decembro desvencellouse totalmente do Toronto, co que pasou a ser xogador do Cádiz a todos os efectos.[13][14] Xogou 35 partidos ás ordes de Álvaro Cervera, 21 deles como titular, e marcou 4 goles.
O 13 de xullo de 2019, anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, tamén de Segunda, por unha tempada con opción a unha máis.[15] Debutou cun gol ante o Oviedo na primeira xornada de liga e tivo destacadas actuacións nos seguintes partidos. O seu rendemento baixou no segundo terzo da campaña, pero volveu ser unha peza importante trala chegada de Fernando Vázquez.[16] Titular na gran maioría de partidos, pechou a campaña con 41 partidos e 7 tantos, sendo o máximo goleador do equipo e o xogador de campo con máis minutos, superado só polo gardameta Dani Giménez. Con todo, os seus bos números individuais non se viron acompañadas polo rendemento colectivo do equipo, que acabou descendendo á Segunda División B por segunda vez na súa historia.[17]
Tralo descenso co Deportivo, asinou por dúas tempadas co Almería, continuando así en Segunda.[18] Xogou 29 encontros co equipo andaluz, marcando 6 goles, e disputou sen éxito a promoción de ascenso a Primeira.
No verán de 2021 desvencellouse do Almería e asinou co Eibar, da mesma categoría, club no que tamén xogara seu irmán Isaac uns anos antes. Contou con poucos minutos durante as súas dúas primeiras tempadas no club armeiro, con Gaizka Garitano como adestrador, con só 12 titularidades entre liga e Copa. Con todo, aproveitou as súas oportunidades, repartindo dez asistencias e anotando tres goles, un deles na promoción de ascenso de 2022. A súa situación cambiou drasticamente trala chegada ao banco de Joseba Etxeberria, que lle deu a titularidade dende a primeira xornada da tempada 2023/24.[19] Xogou un total de 44 encontros ao longo da campaña, nos que marcou 13 goles, e disputou sen éxito a promoción de ascenso a Primeira.
En agosto de 2024, trala fin do seu contrato, fichou polo Real Zaragoza, tamén na Segunda División.[20]
Notas
- ↑ "Aketxe, la sonrisa de un gris Deportivo" (en castelán). 20 de setembro de 2019. Consultado o 27 de xaneiro de 2024.
- ↑ Fernández, Xurxo (18 de setembro de 2019). "Retrato de familia del francotirador del Dépor". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Jugador de la semana: Ager Aketxe" (en castelán). 12 de xaneiro de 2014. Consultado o 27 de xaneiro de 2024.
- ↑ 4,0 4,1 "Aketxe un refuerzo de compromiso e implicación para el Bilbao Athletic" (en castelán). 4 de xaneiro de 2016. Consultado o 27 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Ager Aketxe es jugador de la primera plantilla y llevará el dorsal 23". Mundo Deportivo (en castelán). 2 de setembro de 2014. Consultado o 27 de xaneiro de 2024.
- ↑ Aguado, Gonzalo (17 de setembro de 2014). "Tablas justas en San Mamés". UEFA (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Remontada del Athletic en Elche para volver a ser séptimo". Cadena SER (en castelán). 17 de maio de 2015. Consultado o 27 de xaneiro de 2024.
- ↑ Martin, Javi (29 de febreiro de 2016). "El hat-trick histórico de Aketxe ante la Ponferradina" (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Aketxe tiene roto el ligamento cruzado de la rodilla derecha". Marca (en castelán). 27 de maio de 2016. Consultado o 27 de xaneiro de 2024.
- ↑ Ruiz, Pako (17 de decembro de 2016). "Varios clubes piden la cesión de Aketxe" (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Aketxe rescinde su contrato con el Athletic y se marcha a la MLS". Mundo Deportivo (en castelán). 16 de febreiro de 2018. Consultado o 27 de xaneiro de 2024.
- ↑ "El Toronto FC ficha a Ager Aketxe". Marca (en castelán). 23 de febreiro de 2018. Consultado o 27 de xaneiro de 2024.
- ↑ Molinaro, John (27 de novembro de 2016). "Toronto FC decline contract options on Irwin, Ricketts" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2024.
- ↑ Bejarano, Isabelo (4 de febreiro de 2019). "Ager Aketxe es agente libre y el Cádiz lo valora". Marca (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Aketxe, novo xogador do Dépor 2019-2020". Deportivo da Coruña. 13 de xullo de 2019. Consultado o 27 de xaneiro de 2024.
- ↑ Capel Garzón, José Miguel (30 de setembro de 2022). "Ager Aketxe, la madurez de la clase" (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2024.[Ligazón morta]
- ↑ "Aketxe: «Estoy feliz aquí y me siento valorado, no tendría problema en seguir»" (en castelán). 14 de maio de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Aketxe, “la zurda de oro”, firma por dos años en el Almería" (en castelán). 7 de setembro de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2024.
- ↑ Marcos, Nagore (27 de xaneiro de 2024). "El reencuetro con el mejor Ager Aketxe" (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2024.
- ↑ Marín, Javier (7 de agosto de 2024). "Oficial: Aketxe, octavo fichaje del Real Zaragoza". As (en castelán). Consultado o 18 de agosto de 2024.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Datos do xogador no sitio web do Athletic Club (en castelán).
- Nados en 1993
- Nados en Bilbao
- Futbolistas do País Vasco
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do CD Baskonia
- Xogadores do Bilbao Athletic
- Xogadores do Athletic Club de Bilbao
- Xogadores do Toronto FC
- Xogadores do Cádiz CF
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores da UD Almería
- Xogadores do SD Eibar
- Xogadores do Real Zaragoza