Saltar ao contido

Falcón borní

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 15 de setembro de 2020 ás 16:45 por Miguelferig (conversa | contribucións) (Notas)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Falcón borni

Falcón borni
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Falconiformes
Familia: Falconidae
Xénero: Falco
Subxénero: Hierofalco
Especie: F. biarmicus
Nome binomial
Falco biarmicus
Temminck, 1825
Sinonimia

Falco feldeggii Schlegel, 1843

Falco biarmicus feldeggii

O falcón borni ou alfaneque[2] (Falco biarmicus) é unha especie de ave de rapina da orde das falconiformes.

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

Trátase dun falcón moi semellante ó falcón peregrino. A diferenza deste, a cor marrón é algo máis intensa e o bigote non tan marcado. O peteiro é gris azulado coa punta amarela. Non é tan veloz coma o peregrino.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

O niño sitúase en zonas rochosas. A posta consiste en 3-4 ovos que son chocados por ambos pais. A posta realízase entre febreiro e marzo.

Nutrición

[editar | editar a fonte]

Basea a súa alimentación noutras aves, que caza en voo: perdices, pombas ou lagarteiros. En escaseza de aves, depreda réptiles ou insectos.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Presente na costa central e oriental do Mediterráneo. Tamén na península Arábiga e África.

  1. BirdLife International (2013). "Falco biarmicus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Listaxes da Sociedade Española de Ornitología, da revista Chioglossa e de Avibase

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.