Saltar ao contido

Fran Mérida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Modelo:BiografíaFran Mérida

(2020) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Francisco Mérida Pérez Editar o valor en Wikidata
4 de marzo de 1990 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,75 m.
Peso70 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade25 de setembro de 2007 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaPremier League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista
Número deportivo17 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1998–2005   FC Barcelona
2007–2010 Arsenal F.C. 6(1)
2008–2008 cesión   Real Sociedad 17(1)
2010–2012   Atlético de Madrid 20(0)
2011–2011 cesión Sporting Clube de Braga 5(0)
2012–2013   Hércules CF 18(1)
2013–2014 Clube Atlético Paranaense 6(1)
2015–2016 Sociedad Deportiva Huesca
2016–2020   CA Osasuna
2017–2018   Rayo Vallecano
2020–   RCD Espanyol
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2006–2007   España sub-17 17(5)
2007–2009   España sub-19 17(7)
2008–2012   España sub-21 16(6)
2009–2009   España sub-20 6(3)

FIFA: 269881 UEFA: 250040623 Editar o valor en Wikidata

Francisco Mérida Pérez, nado en Barcelona o 4 de marzo de 1990, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Lugo da Primeira División RFEF.

Formouse nas canteiras do Barcelona e do Arsenal e aos 18 anos debutou co equipo inglés na Premier League. Militou tamén na Primeira División española, vestindo as camisetas de Atlético de Madrid, Osasuna e Espanyol, e Segunda División, ademais de pasar por clubs de Portugal, o Brasil e a China.

Traxectoria

Comezos

Nacido en Barcelona, ingresou na canteira do FC Barcelona aos oito anos,[1] pero abandonou a entidade en setembro de 2005, poñendo rumbo ao Arsenal inglés.[2] O 25 de setembro de 2007 debutou oficialmente co primeiro equipo do Arsenal, substituíndo a Eduardo da Silva no tempo engadido nunha vitoria por 2-0 contra o Newcastle United na Copa da Liga.[3]

O 18 de decembro de 2007, Iñaki Badiola, candidato á presidencia da Real Sociedad, prometeu a cesión de Mérida se gañaba as eleccións.[4] O 9 de xaneiro do ano seguinte, cinco días despois da vitoria de Badoia, confirmouse a cesión do xogador ao club vasco.[5] Disputou 17 partidos co equipo na Segunda División, repartindo seis asistencias, pero non conseguiu o obxectivo do ascenso. Marcou o seu primeiro e único gol coa Real o 6 de abril de 2008, na vitoria por 2-1 sobre o Hércules en Anoeta.[6]

Regresou ao Arsenal para a campaña 2008/09 e debutou na Premier League horas antes do seu 19 aniversario, nos últimos minutos da vitoria por 3-1 ante o West Bromwich Albion. Disputou un total de 16 encontros oficiais co Arsenal.

Atlético de Madrid

O 25 de maio de 2010, o Atlético de Madrid anunciou a fichaxe do xogador.[7] Marcou o seu primeiro gol co seu novo club o 27 de outubro, nunha vitoria por 5-0 ante o Universidad de Las Palmas CF na Copa do Rei,[8] repetindo cun novo tanto no partido de volta.[9]

Comezou a tempada 2011/12 cedido no SC Braga de Portugal. Con todo, a finais de decembro de 2011, tras apenas oito partidos oficiais (cinco na Primeira Liga e 132 minutos en total), foi recuperado polo Atlético.

Hércules

En agosto de 2012 volveu á Segunda División asinando un contrato de catro anos co Hércules, co que xogou un total de 19 partidos, marcando un gol.[10]

Atlético Paranaense

En febreiro de 2013, tras rescindir o seu contrato co Atlético, asinou por un ano co Atlético Paranaense do Brasil.[11] Non chegou a xogar durante a primeira metade da tempada da Serie A, debutando finalmente o 19 de setembro ante o Flamengo, encontro no que marcou un gol.[12] Converteuse así no primeiro futbolista español en marcar no campionato brasileiro dende que o fixera o galego José Ufarte en 1964.[13]

Na seguinte campaña disputou a Copa Libertadores. Deixou o club en xullo, despois de que o seu contrato non fose renovado.[14]

Huesca

Tras uns meses sen equipo, en xaneiro de 2015 recalou no Huesca, da Segunda División B. Contribuíu con 15 partidos e un gol ao ascenso á Segunda División como campións do grupo.

Osasuna

En xullo de 2016 volveu á máxima categoría do fútbol español tras chegar a un acordo con Osasuna.[15] Debutou o 20 de agosto, substituíndo ao tamén debutante Fausto Tienza ante o Málaga e logrou o gol do empate 1-1.[16]

Aínda que o equipo acabou descendendo esa campaña, conseguiu regresar a Primeira ao remate da 2018/19, na que contribuíu con 31 partidos e un gol.[17]

Espanyol

No verán de 2020 fichou polo Espanyol, da Segunda División, conseguindo na súa primeira tempada o terceiro ascenso da súa carreira deportiva. Apenas contou con minutos durante a tempada 2021/22 na máxima categoría e en agosto de 2022 puxo rumbo á China, onde asinou como novo xogador do Tianjin Jinmen Tiger, equipo da Superliga.[18] En xaneiro de 2024 volveu ao seu país e fichou polo Lugo, da Primeira División RFEF.[19]

Selección nacional

Mérida formou parte da selección española sub-17 que gañou a Eurocopa de 2007.[1] En xullo de 2007 tamén disputou coa selección sub-17 a Copa do Mundo en Corea do Sur, proclamándose subcampión tras caer na final ante Nixeria.[20]

En 2009 foi convocado pola selección sub-20 para a Copa do Mundo celebrada en Exipto. Marcou un gol na goleada por 8-0 sobre Tahití e outros dous no seguinte partido ante Nixeria.[21][22] Foi titular nos oitavos de final ante Italia, onde o seu equipo caeu eliminado por 3-1.[23]

Vida persoal

A súa irmá Sara é tamén futbolista e destacou especialmente no RCD Espanyol.[24]

Notas

  1. 1,0 1,1 "Mérida to make Spain proud" (en inglés). 2 de maio de 2007. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2007. Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  2. Fernández, Napoleon (1 de novembro de 2006). "El 'hermano pequeño' de Cesc". El País (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  3. Chowdhury, Saj (25 de setembro de 2007). "Arsenal 2-0 Newcastle". BBC] (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  4. López, Ángel (20 de decembro de 2007). "Iñaki Badiola ata a Fran Mérida, del Arsenal, y a Marc Crosas". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  5. "Fran Mérida, el primer fichaje de Badiola". El Correo (en castelán). 10 de xaneiro 2008. Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  6. "El Hércules pierde ante la Real Sociedad en los últimos diez minutos". Diario Información (en castelán). 6 de abril de 2008. Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  7. "Fran Mérida se compromete con el Atlético para las próximas cuatro temporadas" (en castelán). 25 de maio de 2010. Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  8. "El Atleti adorna el guión establecido". Marca (en castelán). 27 de outubro de 2010. Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  9. "Un golazo de Mérida y poco más en un Calderón fantasmagórico". Marca (en castelán). 11 de novembro de 2010. Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  10. "El Hércules se refuerza con Fran Mérida y a Portillo". Marca (en castelán). 2 de agosto de 2012. Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  11. "Fran Mérida paga 100.000 euros al Hércules para irse a Brasil". Diario Información (en castelán). 12 de febreiro de 2013. Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  12. "Furacão reage, vira sobre o Fla no Maracanã e provoca saída de Mano" (en portugués). 19 de setembro de 2013. Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  13. "Fran Mérida, primer goleador español en Brasil en 50 años" [Fran Mérida, first Spanish goalscorer in Brazil for 50 years]. El Periódico de Catalunya (en castelán). 20 de setembro de 2013. Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  14. "Pela porta dos fundos: afastado, trio encerra passagem pelo Atlético-PR". 6 de xuño de 2014. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  15. "Fran Mérida ficha por Osasuna" (en castelán). 21 de xullo de 2016. Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  16. "Osasuna empata 'in extremis' en La Rosaleda" [Osasuna draw 'in extremis' at the La Rosaleda]. Marca (en castelán). 19 de agosto de 2016. Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  17. "Los goles del Osasuna Campeón". Marca (en castelán). 18 de xuño de 2019. Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  18. "Francisco Merida joins Tianjin Jinmen Tigers on free transfer" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  19. "Fran Mérida, nuevo jugador del CD Lugo" (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  20. "España pierde la final del Mundial sub-17 ante Nigeria en la tanda de penaltis" [Spain lose under-17 World Cup final to Nigeria on penalties]. El País (en castelán). 8 de setembro de 2007. Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  21. "España arrasa en su debut". Marca (en castelán). 26 de setembro de 2009. Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  22. "Fran Mérida marcó los dos goles del triunfo de España ante Nigeria" [Fran Mérida scored both goals of Spain's win against Nigeria]. El Diario Vasco (en castelán). 29 de setembro de 2009. Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  23. "España se derrumba ante Italia en el Mundial sub'20". El Mundo (en castelán). 6 de outubro de 2009. Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  24. "La hermana de Fran Mérida también es internacional con España" [Fran Mérida's sister is also a Spanish international]. As (en castelán). 3 de marzo de 2010. Consultado o 12 de marzo de 2024.