Google Calendar
Google Calendar | |
---|---|
Sitio web | calendar |
Google Calendar é un servizo de calendario e axenda desenvolvido por Google. Foi creado por Mike Samuel como parte do seu proxecto do 20% en Google.[1][2] Estaba dispoñible na versión beta o 13 de abril de 2006, e na versión xeral en xullo de 2009, na web e como aplicacións móbiles para as plataformas Android e iOS.
Características
Google Calendar é unha axenda que permite ter diferentes calendarios diferenciados por cores. Permite compartir os calendarios privados con outros usuarios podendo darlles diferentes niveis de permisos. Dispón da posibilidade de incorporar calendarios públicos realizados por outros usuarios, tales como guía de programación de televisión, axenda do teu club favorito de fútbol, santoral etc. O calendario pódese configurar para que envíe un recordatorio antes que pase un evento á o conta de correo electrónico do usuario cun arquivo para importar a tarefa á axenda de Microsoft Outlook, ata pode enviar un aviso SMS se se vive nunha zona habilitada para iso. Ata a data, esta en versión beta pero é funcional.
Tamén existe a opción de integrar en Thunderbird o calendario de Google utilizando a extensión "lightning" para así podelo xestionar desde un programa de correo tradicional.
Notas
- ↑ "Episode 11 Mike Samuel". tc39er.us.
- ↑ "Time Travel". googleblog.blogspot.com.