Saltar ao contido

Hebe de Bonafini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Modelo:BiografíaHebe de Bonafini

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Hebe María Pastor Bogetti Editar o valor en Wikidata
4 de decembro de 1928 Editar o valor en Wikidata
Ensenada, Arxentina (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte20 de novembro de 2022 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
La Plata, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPirámide de Mayo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista, Activista polos dereitos humanos Editar o valor en Wikidata
Membro de

Descrito pola fonteHebe de Bonafini, 93, Who Rallied Mothers of ‘the Disappeared,’ Dies (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1248927 Discogs: 1789544 Editar o valor en Wikidata


Hebe Pastor de Bonafini, nada en Ensenada (provincia de Bos Aires) o 4 de decembro de 1928 e finada na Plata o 20 de novembro de 2022, foi unha activista arxentina e unha das fundadoras da asociación Nais da Praza de Maio, organización de nais de detidos-desaparecidos durante o autodenominado Proceso de Reorganización Nacional, a ditadura que gobernou a Arxentina entre 1976 e 1983, e da Fundación Nais de Praza de Maio, da cal dependen un instituto universitario privado, un xornal, unha radio, unha casa cultural, unha libraría e administra un centro cultural onde antes se encontraba o centro clandestino da ESMA.

Traxectoria

Hebe de Bonafini nunha reunión coa presidenta arxentina Cristina Fernández de Kirchner.

Hebe de Bonafini era unha dona de casa que cursou unicamente a educación primaria. Casou o 29 de decembro de 1942, aos 14 anos, con Humberto Alfredo Bonafini, con quen tivo tres fillos, Jorge Omar, Raúl Alfredo e María Alejandra.[1] En 8 de febreiro de 1977, o seu fillo máis vello Jorge Omar foi secuestrado e desaparecido, en La Plata, e o 6 de decembro dese ano ocorreulle o mesmo ao seu outro fillo home, Raúl Alfredo, en Berazategui. O 25 de maio de 1978, desapareceu tamén a súa nora, María Elena Bugnone Cepeda, esposa de Jorge.

Hebe de Bonafini foi presidenta da Asociación Nais da Praza de Maio desde 1979, onde destacou pola loita contra a impunidade dos culpábeis de delitos de lesa humanidade e por reivindicar a vida dos desaparecidos, rendendo homenaxes aos seus actos aínda en vida e non só a súa desaparición.

O seu esposo, Humberto Bonafini, faleceu en setembro de 1982.[1]

En 1987, cando o músico británico Sting visitou o país, convidou a organización a subir ao escenario do estadio do River Plate. Durante a canción "They Dance Alone", as Nais pasearon no escenario ao compás da canción que inspiraran.[2]

En 1991, Bonafini nunha emisión do programa El Perro Verde que era conducido polo xornalista español Jesús Quintero, a líder das Nais chamou ao entón presidente Carlos Menem «lixo», polo cal o mandatario a procesou por «desacato». En 1998, a Cámara de Apelacións considerou que a causa se encontraba prescrita e que o expresidente debía pagar os custos, que chegaban a 4500 pesos. O expediente foi elevado por Menem á Corte Suprema en 1999.[3]

En 1996 ―durante o menemismo― Hebe de Bonafini foi ferida na cabeza pola policía nunha manifestación universitaria en repudio á reforma do estatuto da Universidade Nacional de La Plata e á Lei de Educación Superior, cando o Corpo de Infantaria da Policía Bonaerense exercía unha brutal represión. Ficou gravemente ferida e ficou co seu pano branco tinxido de vermello, mais declarou: «O sangue do pano é a ameaza máis forte deste goberno para dicir que paremos. [...] Non nos van parar! Nin un paso atrás, carajo!».[4]

En 1998, cando a banda U2 visitou Arxentina, os seus integrantes estiveron na organización das Nais e convidáronas a subir ao escenario na súa presentación. Alí, Hebe de Bonafini regalou o seu pano branco a Bono.[4]

En varias oportunidades, Hebe de Bonafini sufriu ataques contra a súa persoa, persoas próximas e a asociación, desde insultos, ameazas de morte até torturas.[4] En 2001, dúas persoas invadiron a casa de Bonafini e, non encontrando Hebe, torturaron a súa filla Alejandra, golpeándoa brutalmente e queimándoa con cigarros.[5]

Bonafini foi convidada a dar conferencias e palestras, tanto na Arxentina canto no exterior. Algúns dos lugares onde proferiu discursos foron: nun acampamento dos Sen Terra, no Mato Groso (no Brasil); en Chiapas (no México) co convite para apoiaren o Subcomandante Marcos; na Universidade da California, en Riverside (Estados Unidos) ao recibir un título Honoris Causa; A Habana (Cuba), onde nunha das oportunidades foi oradora nas conmemoracións do Primeiro de Maio; Asturias (no Estado Español), convidada polo Grupo de Apoio do País Vasco; Caracas (Venezuela) na Segunda Xornada de Saúde Mental; Porto Rico, na asemblea do Colexio de Avogados; Milán, Brescia, Verona, Turín, Rivoli, Riccione e Módena (na Italia), convidada polo Comité de Solidariedade Internacionalista Arco Iris; París (Francia), cando a fundación recibiu o Premio UNESCO de Educación pola Paz; Belgrado (Iugoslavia), para participar dun acto de repudio á guerra.[4][6]

Desde 2004 difunde o seu pensamento en programas de radio, como Transformaciones del Pañuelo Blanco (desde 2007) ou La Voz de las Madres.

Desde 2008 as Nais da Praza de Maio administran o chamado Centro Cultural Nuestros Hijos, no antigo campo de concentración ESMA (Escola Superior de Mecánica da Armada) en Buenos Aires.

En 2009 comezou a dar clases de cociña e política nese mesmo centro.[7]

Notas

  1. 1,0 1,1 Cynthia Tompkins; et al. "Notable 20th Century Latin American Women" (en inglés). Consultado o 2001. 
  2. «Sting con las Madres de Plaza de Mayo: “Ellas ya no danzan tan solas”», artigo no website Lahaine.org.
  3. «Hebe de Bonafini le pidió al juez Petracchi que apure una sentencia», artigo no periódico Página/12 (Buenos Aires) de 11 de setembro de 2002; consultado o 2011.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 «Historia de las Madres» Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo no website da Asociación Madres de Plaza de Mayo.
  5. Calderaro, Romina (2001): «Torturaron a la hija de Bonafini», artigo no diario Página/12 de 27 de maio de 2001. Consultado en 9 de febreiro de 2014.
  6. «Hebe de Bonafini hablará el 1º de mayo en Cuba, invitada por Fidel», artigo no periódico Página/12 de 27 de abril de 2000; consultado o 2011.
  7. Ludueña, María Eugenia: «La alquimista», artigo no periódico Página/12 de 25 de setembro de 2009; consultado en 2009.