Irene Dunne
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de decembro de 1898 Louisville, Estados Unidos de América |
Morte | 4 de setembro de 1990 (91 anos) Os Ánxeles (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio cardioplegia (pt) |
Lugar de sepultura | Calvary Cemetery (pt) |
Outros nomes | First Lady of Hollywood Irene Dunne Griffin Dunnie |
Educación | Chicago Musical College (en) Webster University (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Filme e televisión |
Ocupación | actriz de cinema, cantante, delegado, actriz de televisión, actriz de teatro, actriz |
Período de actividade | 1922 - 1962 |
Partido político | Partido Republicano |
Tesitura | Soprano |
Selo discográfico | Decca Records |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | irenedunneguild.org |
|
Irene Marie Dunn, nada en Louisville (Kentucky) o 20 de decembro de 1898 e finada nos Ánxeles o 4 de setembro de 1990 foi unha actriz estadounidense, coñecida como Irene Dunne.
Traxectoria
Nada en Kentucky, tiña once anos cando morreu o seu pai. Despois dese feito mudouse coa súa nai e o seu irmán a Madison, Indiana. A nai de Dunne ensinoulle desde pequena a tocar o piano. Ademais, cunha voz de soprano tratou de ser cantante de ópera, pero non pasou as probas da Metropolitan Opera Company.
Debutou en Broadway en 1922 e en poucos anos xa tiña unha destacada carreira no escenario. En 1929 asinou un contrato coa RKO Pictures e apareceu no cinema por primeira vez en 1930. Marchou a Hollywood coa súa nai e irmán, quedando o seu marido en Nova York ata 1936.
Durante as décadas de 1930 e 1940 converteuse nunha popular heroína da pantalla, interpretando a súa primeira comedia en 1936 (Theodora Goes Wild).
Retirouse en 1952, aínda que seguiu actuando no teatro e na televisión ata 1962, tres anos antes da morte do seu marido.
Dunne foi descrita como a mellor actriz que nunca recibiu un oscar[1] a pesar de recibir cinco candidaturas ao premio á mellor actriz.
Filmografía
Ano | Filme |
---|---|
1930 | Leathernecking |
1931 | Cimarron |
Bachelor Apartment | |
The Great Lover | |
Consolation Marriage | |
1932 | Symphony of Six Million |
Back Street | |
Thirteen Women | |
1933 | No Other Woman |
The Secret of Madame Blanche | |
The Silver Cord | |
Ann Vickers | |
If I Were Free | |
1934 | This Man Is Mine |
Stingaree | |
The Age of Innocence | |
Sweet Adeline | |
1935 | Roberta |
Magnificent Obsession | |
1936 | Show Boat |
Theodora Goes Wild | |
1937 | High, Wide, and Handsome |
The Awful Truth | |
1938 | Joy of Living |
1939 | Love Affair |
Invitation to Happiness | |
When Tomorrow Comes | |
1940 | My Favorite Wife |
1941 | Penny Serenade |
Unfinished Business | |
1942 | Lady in a Jam |
1943 | A Guy Named Joe |
1944 | The White Cliffs of Dover |
Together Again | |
1945 | Over 21 |
1946 | Ana e o rei de Siam |
1947 | Life with Father |
1948 | I Remember Mama |
1950 | Never a Dull Moment |
The Mudlark | |
1952 | It Grows on Trees |
Notas
- ↑ Milton, Michael. Neil Postman, Irene Dunne and the Right Use of Entertainment. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2012. Consultado o 21 de agosto de 2010.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Irene Dunne |
Bibliografía
- Cavell, Stanley (1981). Pursuits of Happiness. Cambridge, Massachusetts.
- Kendall, Elizabeth (1990). The Runaway Bride: Hollywood Romantic Comedy of the 1930s. Nova York.
- Schultz, Margie (1981). Irene Dunne: A Bio-Bibliography. Nova York.
- Gehring, Wes D. (2003). Scarecrow Press, ed. Irene Dunne: First Lady of Hollywood. Lanham, MD.
- DiBattista, Maria (2001). Yale University Press, ed. Fast-talking Dames. New Haven, CT.