James Stewart
James Maitland "Jimmy" Stewart, nado en Vinnegar Hill (Indiana, Pensilvania) o 20 de maio de 1908 e finado en Beverly Hills, no condado dos Ánxeles (California) o 2 de xullo 1997, foi un actor de cine, teatro e televisión estadounidense gañador do Premio Óscar ó mellor actor, famoso pola súa particular personalidade diante da pantalla. Durante o transcurso da súa carreira actuou en varias películas consideradas clásicos e foi nomeado cinco veces ao Premio Óscar, gañando unha vez en competencia e recibindo un pola súa traxectoria. Tamén tivo unha notable carreira militar alcanzando o grao de Brigadier Xeral na Forza Aérea dos Estados Unidos de América.
Comezou estudando a carreira de arquitecto antes de ser atraído polo teatro na Universidade de Princeton. Os seus primeiros éxitos viñeron como actor no teatro de Broadway, antes de realizar o seu debut en Hollywood en 1935. A carreira de Stewart chegou a ter gran recoñecemento, logo da boa acollida recibida pola súa participación nas películas do director Frank Capra, incluíndo o seu rol que o nomeou ao Premio da Academia en Mr. Smith Goes to Washington. A través das súas sete décadas en Hollywood, (comezou en 1935 e retirouse en 1991) Stewart cultivou unha carreira versátil e recoñecida no cine con clásicos tales como The Philadelphia Story, Harvey, Que fermoso é vivir, A ventá indiscreta, Rope, e Vertixe. É o actor máis representativo da lista de AFI's 100 Years... 100 Movies (10th Anniversary Edition). Desde 2007, 10 das súas películas foron incluídas no United States National Filme Registry.
Traxectoria
Formouse academicamente na Mercershurg Academy de Pensilvania. Estudou arquitectura na universidade de Princeton onde se graduou en 1932. Stewart dedicouse ó teatro ata 1935, ano no que debutou no cinema. Participou na segunda guerra mundial, o que lle valeu para consagrarse como símbolo patriótico. Traballou cos directores máis importantes e abordou diversos xéneros. En 1949 casou por primeira e única vez con Gloria Hatrick McLean coa que tivo catro fillos.
Dos máis de oitenta filmes nos que interveu cómpre destacar:
- The Philadelphia Story (1940), do director George Cukor, que lle valeu o Oscar ao mellor actor.
- O bazar das sorpresas (1940), do director Ernst Lubitsch.
- Que fermoso é vivir (1947), do director Frank Capra.
- Winchester '73 (1950), de Anthony Mann.
- O maior espectáculo do mundo (1952), de Cecil B. DeMille.
- Rear Window (1956), de Hitchcock.
- Vertixe, (1958), creacións de Alfred Hitchcock
- Anatomía dun asasinato (1959), do director alemán Otto Preminger
- O home que matou a Liberty Valance (The man who shot Liberty Valance) (1962)
- O gran combate (1964), do director John Ford.
En 1985 foille outorgado un Oscar especial pola súa carreira cinematográfica.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: James Stewart |
- Actores de Pensilvania
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de teatro dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Escritores dos Estados Unidos de América
- Paseo da Fama de Hollywood
- Nados no condado de Indiana, Pensilvania
- Nados en 1908
- Finados en 1997
- Óscar ó mellor actor
- Óscar honorífico