Saltar ao contido

Joseph Ebuya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 9 de novembro de 2010 ás 17:23 por Luckas-bot (conversa | contribucións) (bot Engadido: es:Joseph Ebuya)
Joseph Ebuya, durante o mundial de cross de 2008, en Edimburgo

Joseph Ebuya, nado o 20 de xuño de 1987 en Nyandarua, é un atleta queniano especializado en longas distancias e no cross.

Atleta de pista, os seus éxitos internacionais comezan nos Xogos da Commonwealth de 2006, en Melbourne, onde queda cuarto na proba dos 10.000 m. Ese mesmo ano obtivo a medalla de prata nos 10.000 e a de bronce nos 5.000 m nos mundiais junior de Beixín. Ao ano seguinte participa en distintas probas do circuíto comercial, pero nos mundiais de Osaka de pista non consegue meterse na final dos 5.000.

En 2008 nos mundiais de cross de Edimburgo ocupa a cuarta praza, e obtén o ouro por equipos coa selección queniana.