Saltar ao contido

Rodinia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 21 de novembro de 2023 ás 20:19 por CommonsDelinker (conversa | contribucións) (Eliminouse a referencia ó ficheiro "Rodinia_reconstruction.jpg" que foi borrado en Commons por Yann. Motivo: per c:Commons:Deletion requests/File:Rodinia reconstruction.jpg)

Rodinia (do ruso родина, ródina, patria)[1] foi un supercontinente que existiu fai 1100 millóns de anos, durante o Proterozoico. Reunía gran parte da terra emerxida do planeta. Empezou a fracturarse hai 800 millóns de anos debido a movementos magmáticos na codia terrestre, acompañados por unha forte actividade volcánica. A existencia de Rodinia baséase en probas de paleomagnetismo que permiten obter a paleolatitud dos fragmentos, pero non a súa lonxitude, que os geólogos determinaron mediante a comparación de estratos similares, actualmente moi dispersos.

Formación

Rodinia formouse e desfíxose durante o Neoproterozoico. Probablemente existiu como un único continente desde hai 1.100 millóns de anos ata que comezou a fragmentarse en oito pequenos continentes hai ao redor de 800 millóns de anos.[2] Crese que foi responsable en gran parte do clima frío do Neoproterozoico. Rodinia comezou a formarse fai ao redor de 1.300 millóns de anos a partir de tres ou catro continentes preexistentes, un acontecemento coñecido como a oroxenia Grenville.[3] A ausencia de fósiles con cuncha ou esqueleto e os de datos paleomagnéticos fiables fan incerto o movemento dos continentes no Precámbrico. Unha posible reconstrución do anterior supercontinente é Columbia

A existencia de Rodinia baséase en datos paleomagnéticos utilizando datos das Illas Seychelles, a India e os Montes Grenville, que se formaron durante a oroxenia Grenville e que actualmente se distribúen en varios continentes. Aínda que os detalles están en discusión polos paleogeógrafos, os cratones continentais que formaban parte de Rodinia parecen haberse agrupado ao redor de Laurentia (proto-Norteamérica), que constitúe o núcleo de Rodinia.

Paleoxeografía

Rodinia centrábase probablemente ao sur do ecuador.[4] Posto que a Terra nese momento experimentaba a glaciación do Período crioxénico e as temperaturas eran polo menos tan frías como actualmente, gran parte de Rodinia puido estar cuberta por glaciares ou formando parte do casquete de xeo do Polo sur. O interior do continente, distante dos efectos moderadores do océano, é probable que fose estacionalmente moi frío (clima continental). Rodinia estaba rodeado polo superocéano que os geólogos denominan Mirovia[1] (de Mir, a palabra rusa que significa «paz»).

Separación

En contraste coa formación de Rodinia, os movementos das masas continentais durante a súa ruptura enténdense bastante ben. Probas de amplos fluxos de lava e de erupciones volcánicas durante o límite Precámbrico-Cámbrico, especialmente en Norteamérica, suxiren que Rodinia comezou a fragmentarse como moi tarde hai 750 millóns de anos. Outros continentes, incluíndo Báltica e Amazonia, se dislocaron de Laurentia hai 600-550 millóns de anos, abrindo o océano de Xápeto entre eles. A separación tamén levou ao nacemento de océano Pantalassa (ou Paleo-Pacífico).[5] Os oito continentes que formaban parte de Rodinia máis tarde volveron reunirse no supercontinente global denominado Pannotia, e despois unha vez máis como Panxea

Referencias

  1. 1,0 1,1 Coenraads, Robert R.; Koivula, John I. (2008). Margaret Olds, ed. Geológica, las fuerzas dinámicas de la Tierra (en castelán). p. 55. ISBN 978-3-8331-4379-3. 
  2. "The Rodinia jigsaw puzzle". Science (5624). PMID 12775828. doi:10.1126/science.1083469. 
  3. "Rodinia". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2006. Consultado o 21 de marzo de 2018. 
  4. "Rodinia". Palaeos. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2009. Consultado o 21 de marzo de 2018. 
  5. Coenraads, Robert R.; Koivula, John I. (2008). Margaret Olds, ed. Geológica, las fuerzas dinámicas de la Tierra (en castelán). p. 28. ISBN 978-3-8331-4379-3. 

Véxase tamén

Ligazóns externas