SCUMM
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.) |
SCUMM (Script Creation Utility for Maniac Mansion en inglés, "Utilidade de creación de guións para Maniac Mansion") atópase a medio camiño entre unha linguaxe e un motor para videoxogos para aventuras gráficas. SCUMM foi creado por Lucasfilm Games (despois coñecida como LucasArts) e desenvolvido por Aric Wilmunder e Ron Gilbert para o seu videoxogo Maniac Mansion en 1987, considerado como unha das primeiras aventuras gráficas da historia dos videoxogos. Foi o motor de aventuras gráficas máis popular nos anos oitenta e principios dos noventa, tendo en AGI e SCI de Sierra On-Line os seus principais competidores.
SCUMM permitía aos deseñadores de xogos crearen lugares, obxectos e secuencias de diálogos sen necesidade de escribir na mesma linguaxe coa que se escribira o código fonte do xogo.
Versións
[editar | editar a fonte]Versión 0
[editar | editar a fonte]- Maniac Mansion (versión de Commodore 64)
Versión 1
[editar | editar a fonte]- Zak McKracken and the Alien Mindbenders (Commodore 64 e versións orixinais de PC)
- Maniac Mansion (versión orixinal de PC)
Versión 1.5
[editar | editar a fonte]- Maniac Mansion (NES)
Versión 2
[editar | editar a fonte]- Maniac Mansion (Amiga e versións adaptadas a PC)
- Zak McKracken and the Alien Mindbenders (Amiga, Atari ST e versións adaptadas a PC)
Versión 3
[editar | editar a fonte]- Indiana Jones and the Last Crusade: The Graphic Adventure (Amiga, EGA/VGA PC e versións FM-Towns)
- Zak McKracken and the Alien Mindbenders (versión FM-Towns)
- Loom (Amiga, discos flexibles EGA PC e versións FM-Towns)
Versión 4
[editar | editar a fonte]- The Secret of Monkey Island (Amiga e versións EGA/VGA PC en discos flexibles)
- Loom (versión VGA PC CD-ROM)
- Passport to Adventure (Compilación de demos de The Secret of Monkey Island, Loom e Indiana Jones and the Last Crusade para PC versión EGA)
Versión 5
[editar | editar a fonte]- The Secret of Monkey Island (versión VGA PC CD-ROM)
- Monkey Island 2: LeChuck's Revenge (versións PC e Amiga)
- Indiana Jones and the Fate of Atlantis (versións PC e Amiga)
Nota: A tecnoloxía iMUSE foi implementada nesta versión de SCUMM.
Versión 6
[editar | editar a fonte]Versión 7
[editar | editar a fonte]- Full Throttle
- The Dig
Versión 8
[editar | editar a fonte]- The Curse of Monkey Island
Videoxogos que usan SCUMM
[editar | editar a fonte]LucasFilm Games/LucasArts
[editar | editar a fonte]- Maniac Mansion (1987)
- Zak McKracken (1988)
- Indiana Jones and the Last Crusade (1989)
- The Secret of Monkey Island (1990)
- Loom (1990)
- Monkey Island 2: LeChuck's Revenge (1991)
- Indiana Jones and the Fate of Atlantis (1992)
- Maniac Mansion: Day of the Tentacle (1993)
- Sam & Max Hit the Road (1993)
- Full Throttle (1995)
- The Dig (1995)
- The Curse of Monkey Island (1997)
Aínda que a ferramenta ScummVM provocou que os xogos baseados en SCUMM volvesen a coñecerse na actualidade, non tódolos xogos compatibles coa máquina virtual están baseados nesa plataforma.