STS-114
STS-114 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-114 | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 26 de xullo de 2005, 14:39GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39b[3][6] |
Duración da misión | 13,90 días[6] |
Obxectivo da misión | Volta ao servizo e probas do transbordador espacial tras o accidente da misión STS-107.[3][6] |
Regreso | 9 de agosto de 2005[6] |
NSSDC ID | 2005-026A |
STS-114 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 26 de xullo de 2005 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
STS-114, con sete astronautas a bordo, foi a primeira misión dun transbordador despois da perda do Columbia na misión STS-107 en 2003. A tripulación estaba formada pola comandante Eileen Collins, o piloto James Kelly e os especialistas de misión Charles Camarda, Wendy Lawrence, Soichi Noguchi, Stephen Robinson e Andrew Thomas.[3][5][6][7]
Tras a catástrofe establecéronse novos procedementos e fixéronse cambios nos vehículos de lanzamento que foron postos a proba na misión STS-114. Entre os cambios estaban os arranxos na espuma que recubría o tanque principal para evitar a súa caída contra as ás do transbordador (causa principal da perda do Columbia) e a revisión obrigatoria das ás e o escudo térmico do transbordador por parte dos astronautas antes da reentrada atmosférica. Como obxectivo secundario, a misión serviu para reaprovisionar a Estación Espacial Internacional usando o módulo loxístico Raffaello, que nos dous anos entre a destrución do Columbia e o voo do Discovery tivo que aprovisionarse unicamente mediante os cargueiros Progress rusos.[3][5][6][7]
A análise das fotos e vídeos tomados durante o lanzamento e durante a aproximación á estación mostraron que a pesar de tódalas medidas un cacho de espuma se desprendeu do tanque principal e dúas áreas do escudo térmico con material de recheo sobresaíndo entre as losetas térmicas. Durante a misión leváronse a cabo tres paseos espaciais: durante o primeiro Robinson e Noguchi probaron un experimento de reparación de losetas térmicas usando varias danadas a propósito levadas ao espazo na bodega de carga do transbordador, instalaron unha plataforma de almacenamento no exterior da estación e enerxizaron un dos xiroscopios que estabilizan a estación para compensar o fallo doutro; na segunda actividade extravehicular os dous mesmos astronautas substituíron o xiroscopio avariado; na terceira, Robinson extraeu o material de recheo sobresaínte entre as lousas do escudo térmico.[3][5][6][7]
O transbordador volveu a terra sen incidentes na base Edwards da Forza Aérea en California o 9 de agosto de 2005, un día despois do previsto debido ao alongamento da misión para poder engadir o terceiro paseo espacial.[3][5][6][7]
Notas
- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 114" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 20 September 2005 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (05-90019(E)). 16 de novembro de 2005: 6. Consultado o 21 de xaneiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 114" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-114 / RTF" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 6,8 Mark Wade (2011). "STS-114" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-114" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2017. Consultado o 31 de outubro de 2021.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-114 |