Skellefteå
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Suecia | |||
Condado | Condado de Västerbotten | |||
Municipios | Skellefteå (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 36.388 (2020) (1.488,87 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 2.444 ha | |||
Datos históricos | ||||
Fundador | Nils Nordlander (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 0910 | |||
Sitio web | skelleftea.se |
Skellefteå é unha cidade sueca no condado de Västerbotten e é a capital do municipio de Skellefteå. No ano 2017 tiña 72 723 habitantes.[1]
Skellefteå é unha cidade industrial histórica, sendo a minería, principalmente a do ouro, unha das industrias máis importantes. Politicamente é un importante bastión do Partido Socialdemócrata Sueco. A cidade é moi coñecida polo seu equipo de xoquei sobre xeo, o Skellefteå AIK, que xoga na principal división do país gañando o título en varias ocasións.
A cidade fundouse no ano 1845 e medrou principalmente durante as décadas de 1950 e 1960 ata case alcanzar o seu tamaño actual. É a segunda cidade máis grande de Västerbotten tras Umeå e atópase a medio camiño entre esta e Luleå, a uns 15 quilómetros da costa do golfo de Botnia.
Notas
- ↑ Statistiska centralbyrån (ed.). "Population in the country, counties and municipalities on 31/12/2017 and Population Change in 2017" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24/10/2018. Consultado o 23 de outubro de 2018.