Saltar ao contido

Xibarda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 3 de xaneiro de 2011 ás 21:30 por Thijs!bot (conversa | contribucións) (r2.6.3) (bot Engadido: bar:Kosmanstaud)
Mezquita/Mesquita
Estado de conservación
[[Ficheiro:Status_iucn3.1_{{{ESTADO}}}_gl.svg|250px|]]
{{{ESTADO_NOME}}}
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Nome científico
Ruscus aculeatus
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos


A xilbarbeira (Ruscus aculeatus) é unha especie fanerógama arbustiva, perenne, pertencente á familia das ruscáceas. Trátase dun arbusto (pode alcanzar os 80-100 cm de altura) que adoita crecer asociado ós bosques de aciñeiras e macizos de matogueiras.

Distribución

É orixinaria de Eurasia e en Europa crece principalmente o sur do continente, na área mediterránea. Vive desde o nivel do mar até os 1.000 metros de altura no sotobosque centroeuropeo e mediterráneo, aínda que tamén o atopamos no norte de África e Asia. Prefire os solos básicos, secos e fértiles e as zonas sombrías.

É abundante en toda Galicia, en carballeiras e soutos ou sobre substrato rochoso, preferindo zonas húmidas.

Descrición

Detalle dunha mata cun froito aínda verde (no ángulo superior esquerdo distínguense unhas follas de buxo).

É un pequeno arbusto de 30 a 80 cm de altura de cor verde escuro, con rizomas subterráneos dos que saen talos florais masculinos ou femininos. En ambos casos presenta dous tipos de talos: os normais son lisos e redondeados, mentres que os outros teñen falsas follas, de forma ovolanceolada de 2 a 3 cm de lonxitude e acabadas cunha punta ríxida e punzante.

As follas verdadeiras son diminutas, a modo de pequenas escamas lanceoladas e cun pequeno esporón, que normalmente pasan desapercibidas. Aparecen nas axilas e teñen entre 3 e 4 mm de lonxitude. O que semellan ser as follas da planta son realmente unhas poliñas modificadas, denominadas tecnicamente cladodios ou filóclados, con forma de folla, lanceolada ancha, de cor verde e consistentes, rematadas nun apéndice espiñento e dispostas alternadamente.

As flores, que nacen na primavera, son pequenas e verdosas, unisexuais, dioicas [1]. Nacen en grupos de 2-3 no centro daqueles cladodios. O froito é unha baga do tamaño dunha cereixa pequena e de cor vermella ó madurecer, de 10 a 12 mm de diámetro con dous sementes. Estes froitos son tóxicos e poden provocar vómitos e diarreas, especialmente nos cativos. A diseminación faise por medio das deposicións dos animais que comen os froitos (endozoocora). Reprodúcese tamén por rizomas que emiten novos talos.

Toda a planta fai a fotosíntese fóra das follas verdadeiras que se desprenden rapidamente. As flores son pequenas, verdosas ou violáceas, están situadas no centro con seis tépalos en dous verticilos. As femininas son tricarpelares con ovario súpero mentres as masculinas teñen tres estames soldados polos filamentos. A polinización faise por medio de insectos (entomógama).

Uso medicinal e outros

Xilbarbeira
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O rizoma utilízase en homeopatía como diurético, en infusión, cocción ou extractos. Tamén se recomenda contra as hemorroides ou as varices, en uso externo, grazas aos seus compoñentes que son vasoconstritores e antiinflamatorios. Reduce tamén a celulite e, ao conter rutósido, axuda contra a flebite e mellora a circulación. É un bo diurético e posúe propiedades febrífugas. Moi recomendable contra os cálculos da vesícula, axuda á febre e contra a gota e artrite, xa que axuda a eliminar o ácido úrico. Contén gran cantidade de taninos, glicósidos, resina, calcio e potasio.

Non se debe administrar durante o embarazo ou lactación. Os seus froitos, consumidos por nenos, provocan vómito, diarreas e convulsións.

Utilízase tamén en floristería para a confección de ramos de flores.

Ata mediados do século XX aproveitábase (como tamén as xestas e codesos) para facer vasoiras. Era moi común que antes da malla se varrese a aira con elas. De feito, en Suarna denomínana escobas. En moitos países as súas polas utilízanse como decoración do Nadal.[2]

Sinonimia

  • Poñerse máis vermello que a doa das silbardas: por timidez ou vergonza.

A planta recibe nos diferentes puntos de Galicia outras denominacións comúns: azoutacristos, brusco, mezquita (e mesquita ou mesquito) picanceira (e picaceira, picantel), rascacú (e rascacús), silbarda/silvarda/xilbarda (e silbardeiro ou silbarbeira) ou xarda (e xardeira).

Polas súas falsas follas espiñentas e os froitos vermellos, tamén se lle chama silva garabanceira.

Notas

  1. Quérese dicir que hai individuos machos e individuos femias.
  2. Plantas de Nadal. Botanical en liña.[1]
  3. Sinónimos en Tea Botánica
  4. Sinónimos en Kew

Véxase tamén

Bibliografía

  • RIGUEIRO RODRÍGUEZ, A. e outros (1996): Guía de plantas medicinais de Galicia. Galaxia, Vigo.
  • SANTAMARINA, A. (Director) (2003): Diccionario de Diccionarios.