Saltar ao contido

Colias alfacariensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Colias alfacariensis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Suborde: Glossata
Infraorde: Heteroneura
División: Ditrysia
Sección: Rhopalocera
Familia: Pieridae
Subfamilia: Coliadinae
Xénero: Colias
Especie: C. alfacariensis
Nome binomial
'Colias alfacariensis'
Ribbe, 1905
Sinonimia
  • Colias sareptensis Staudinger, 1871
  • Colias australis Verity, 1911

A Colias alfacariensis é unha especie de insecto lepidóptero da familia Pieridae, que foi descrita orixinalmente, como unha variedade de Papilio hyale, por Ribbe, en 1905, en Alfacar (España). O entomólogo Verity describiuna de forma independente en 1911, baixo o nome de Colias australis, nome co que foi coñecida durante bastante tempo.[1]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Ás anteriores de cor amarela limón no seu anverso, con fimbrias rosadas, cun punto negro e bandas de igual cor. Reverso lixeiramente alaranxado con puntos prateados, moi visibles, no extremo da cela. As ás posteriores teñen un punto alaranxado. A femia ten un ton branco-verdoso, co reverso similar. Esta especie é moi similar á Colias croceus.

Reprodúcese tres veces ao ano (aproximadamente en abril, xullo e outubro), sendo a última das xeracións moito máis reducida que as dúas anteriores. A posta realízase sobre follas de Hippocrepis.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

É unha especie estendida por toda a rexión paleártica. En España e Portugal é moi frecuente, sobre todo no sur. Adoita vivir en zonas de aciñeiras, e ladeiras asolladas, a certa altura (1.500-1.800 m). As poboacións non adoitan formar poboacións densas, pois é unha especie de carácter solitario. É moi usual nos macizos montañosos de tipo calizo de Andalucía Oriental, sobre todo na serra de Huétor, onde foi descrita por primeira vez, e menos abundantes en montañas máis elevadas, como Serra Nevada.

  1. Tinaut Ranera, José Alberto e outros: Colias alfacarensis, en op. ref., p.182

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Olivares, Francisco Javier; Barea-Azcón, José Miguel e outros (2011): Las mariposas diurnas de Sierra Nevada, Consejería de Medio Ambiente, Junta de Andalucía, Granada, ISBN 978-84-92807-72-7, pp. 182-183.