Saltar ao contido

Conficker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Funcionamento de Conficker

Conficker, tamén coñecido como Downup, Downadup e Kido, é un verme informático que ataca ó sistema operativo Microsoft Windows e que foi detectado por primeira vez en novembro de 2008. Conficker explota unha vulnerabilidade no servizo Windows Server usado por Windows 2000, Windows XP, Windows Vista, Windows Server 2003, Windows Server 2008, e o beta de Windows 7 que lle permite roubar o contrasinal do usuario por medio dunha combinación de técnicas avanzadas que o fai difícil de contrarrestar, difundíndose rapidamente. Existen catro variantes do verme, coñecidas como Conficker A, B, C e D e máis de 300 minivariantes, presumiblemente realizadas por crackers.

A pesar que Microsoft publicara un parche para reparar o fallo explotado polo verme o 15 de outubro de 2008, Heise Online estima que afectou un mínimo de 2 500 000 de ordenadores ata o 15 de xaneiro de 2009, en tanto que The Guardian deu unha estimación de 3 500 000. O 16 de xaneiro de 2009, o F-Secure declarou que Conficker infectara nove millóns de ordenadores, considerándoa a segunda infección de verme informático máis importantes tras a de SQL Slammer en 2003. o 13 de febreiro de 2009 Microsoft ofreceu unha recompensa de 250.000 dólares a quen axudase na busca e arresto dos creadores do verme.