Cadea de transmisión
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2020.) |
En enxeñaría mecánica, unha cadea de transmisión ou simplemente cadea, é un conxunto de elos conectados directamente ou a través de eixes. Unha cadea pode estar pechada en si mesma ou deixarse libre nos seus extremos.
As cadeas de transmisión serven para transmitir o movemento de arrastre de forzas entre rodas dentadas, e poden utilizarse como:
- sistema de transmisión, nun cabrestante (como un cable) ou nunha moto (como unha correa),
- cordas para delimitar áreas; neste caso son xeralmente de plástico de baixa resistencia,
- instrumento cortante (motoserras etc.).
A pesar de que se atribúe a Hans Renold a invención da cadea con rolos, en 1880, debuxos de Leonardo da Vinci do século XVI amosan os trazos dunha cadea con rolos.[1].
Aplicacións
[editar | editar a fonte]- Transmitir o movemento dos pedais á roda traseira nas bicicletas ou do cambio de marchas á roda traseira nas motos.
- Nos motores a 4 tempos, para transmitir o movemento dun mecanismo a outro. Por exemplo, do cegoñal á árbore de levas, ou do cegoñal á bomba de lubricación do motor.
Hai algúns modelos de motos que usan un cardán para transmitir o movemento ás rodas. Porén, o sistema de cadea dá unha certa elasticidade que axuda a iniciar o movemento, sobre todo en costas. O seu inconveniente é que se pode enganchar, e é máis débil que un cardán.
Existe un dispositivo chamado falcon utilizado para absorber parte das vibracións da cadea, o que impide a fragmentación dalgún elo.
Tamén hai sistemas hidráulicos ou por correa.
Nos motores de ciclo Otto a 4 tempos úsanse cadeas para a árbore de levas desde hai moito tempo, sobre todo desde a aparición dos motores SOHC e DOHC polo seu maior silencio e menor custo que os piñóns de distribución. As correas de transmisión dentadas, porén, foron gañado terreo para esta función.
Cada vez téndese máis a substituír a cadea da árbore de levas por unha correa xa que fai menos ruidoso o motor. O inconveniente é que hai que cambiar a correa con máis frecuencia que unha cadea, e consome un pouco máis de potencia do motor.
A cadea de distribución, sempre que o seu engraxamento sexa adecuado e o seu mecanismo tensor funcione correctamente, dura o que dure o motor.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ No século XVI Leonardo da Vinci debuxou esbozos da que semella ser a primeira cadea de aceiro. Estas cadeas foron probabelmente concibidas para transmitir unha forza de tracción, xa que inclúen só as placas e clavos metálicos e accesorios. Porén, os debuxos de da Vinci mostran un rolo de rodamento.Tsubakimoto Chain Co., ed. (1997). The Complete Guide to Chain. Kogyo Chosaki Publishing Co., Ltd. p. 240. ISBN 0-9658932-0-0. p. 211. Consultado o 08-09-2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cadea de transmisión |