Saltar ao contido

Cerceta de Carolina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cerceta de Carolina

Macho

Parella
Parella

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Anatinae
Xénero: Anas
Especie: A. carolinensis, ver texto
Nome binomial
'Anas carolinensis'
Gmelin, 1789
Mapa de localización de Anas crecca carolinensis. Verde claro (área de incubación). Azul (área de invernada). Verde escuro (área de ocupación sedentaria).
Mapa de localización de Anas crecca carolinensis. Verde claro (área de incubación). Azul (área de invernada). Verde escuro (área de ocupación sedentaria).

Mapa de localización de Anas crecca carolinensis. Verde claro (área de incubación). Azul (área de invernada). Verde escuro (área de ocupación sedentaria).
Sinonimia

Anas crecca carolinensis
Nettion carolinensis

A cerceta de Carolina[Cómpre referencia] (Anas carolinensis ou Anas crecca carolinensis) é un pato que cría no norte do subcontinente norteamericano, agás as illas Aleutianas. A súa clasificación como especie separada da cerceta é aínda discutida e, por exemplo, a IUCN e BirdLife International (BirdLife International, 2004) non a consideran como diferentes. Outras autoridades si que o fan, baseándose en características de conduta (Laurie-Ahlberg & McKinney, 1979), morfolóxicas (Livezey, 1991), e moleculares (Johnson & Sorenson, 1999) (analizadas por Sangster et al., 2002).

Descrición

[editar | editar a fonte]

Son os patos máis pequenos de Norteamérica, moi semellantes de aspecto á cerceta (Anas crecca). Os machos reprodutores teñen o lombo e os vaos grises, cun espello verde coa beira branca. A cabeza é castaña cunha mancha ocular verde. Diferéncianse dos machos da cerceta euroasiática por unha faixa branca vertical na beira do papo e pola falta dunha faixa escapular e das liñas finas da cor do ante na cabeza. As femias son marróns claras, moi dificilmente diferenciables das da cerceta. Os machos en plumaxe de eclipse son moi semellantes ás femias.

Hábitat e conduta

[editar | editar a fonte]

E unha ave de zonas acuáticas planas con vexetación, coma as pozas da taiga, que se alimenta pacendo ou arrincando plantas na auga. Fan os niños no chan, preto da auga e protexidos pola vexetación.

Son aves migratorias que pasan o inverno na parte meridional da súa área de cría. Fóra da época reprodutora son moi gregarias e forman grandes bandos.

O seu estado de conservación non está evaluado pola IUCN por non considerala unha especie separada, pero a súa abundancia fai que pareza axeitado non considerala unha especie ameazada: nas Marismas Nacionales do oeste de México vese en gran número.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]