Saltar ao contido

Ácido cítrico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Citrato»)
Propiedades

Xeral

Nome Ácido cítrico

Fórmula do ácido cítrico

Fórmula química [[C6]][[H8]][[O7]]
Peso molecular 192.13 u
Sinónimos ácido 2-Hidroxi-1,2,3-propanotricarboxílico
Número CAS 77-92-9

Comportamento de fase

Punto de fusión 426 K (153 °C)
Temperatura de descomposición termal 448 K (175 °C)

Propiedades ácido-base

pKa1 3,15
pKa2 4,77
pKa3 5,19

Propiedades sólidas

ΔfH0 -1543,8 kJ/mol
S0 252,1 J/mol·K
Cp 226,5 J/mol·K
Densidade 1,665 ×103 kg/m3

Seguridade

Efectos agudos Irrita pel e ollos.
Efectos crónicos Ningún.

Máis información

Propiedades NIST WebBook
MSDS Hazardous Chemical Database

(as propiedades sen referencia, en condicións normais de presión e temperatura)

O ácido cítrico é un ácido orgánico tricarboxílico presente na maioría das froitas, sobre todo en cítricos como o limón e a laranxa. A súa fórmula química é C6H8O7

É bo conservante e antioxidante natural que se engade industrialmente no envasado de moitos alimentos como as conservas vexetais enlatadas. No 2019 tense probado a súa efectividade como anticorrosivo protector do aceiro no espazo en substitución do ácido nítrico.[1]

En bioquímica aparece como unha molécula intermediaria no ciclo do ácido tricarboxílico, proceso realizado pola maioría dos seres vivos.

O nome (normas IUPAC) é ácido 2-Hidroxi-1,2,3-propanotricarboxílico.

Imaxe da molécula do ácido cítrico en 3D
  1. esa. "Can citric acid be a green alternative to protecting steel?". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-09-29.