Cromosoma 22
Cromosoma 22 humano | |
---|---|
Cromosomas do par 22 humano con bandeado G. En cada individuo un dos cromosomas deste par procede do pai e o outro da nai. | |
Cromosomas do par 22 nun cariograma humano masculino. | |
Características | |
Lonxitude (bp) | 50,818,468 bp (GRCh38)[1] |
No. de xenes | 417 (CCDS)[2] |
Tipo | Autosoma |
Posición do centrómero | Acrocéntrico[3] (15.0 Mbp[4]) |
Lista completa de xenes | |
CCDS | Lista de xenes |
HGNC | Lista de xenes |
UniProt | Lista de xenes |
NCBI | Lista de xenes |
Visores de mapa externos | |
Ensembl | Cromosoma 22 |
Entrez | Cromosoma 22 |
NCBI | Cromosoma 22 |
UCSC | Cromosoma 22 |
Secuencias de ADN completas | |
RefSeq | NC_000022 (FASTA) |
GenBank | CM000684 (FASTA) |
O cromosoma 22 humano é un cromosoma pertencente a un dos 23 pares de cromosomas humanos. Os humanos teñen normalmente dúas copias deste cromosoma (un par) nas células diploides e unha soa copia nas haploides. O cromosoma 22 é o segundo cromosoma máis pequeno do cariotipo humano, e comprende uns 49 millóns de pares de bases, o que representa entre o 1,5 e o 2 % do total do ADN das células.
En 1999 rematou a secuenciación deste cromosoma e foi o primeiro cromosoma en acabar de secuenciarse totalmente no Proxecto Xenoma Humano.
Aínda que os investigadores utilizan diferentes métodos na procura de xenes nos cromosomas e o número total pode variar segundo o método utilizado, estímase que o cromosoma 22 ten probablemente 693 xenes.
Orixinalmente o cromosoma 22 fora identificado como o cromosoma humano máis pequeno, polo que se denominou co último número entre os pares cromosómicos, o 22. Pero despois viuse que o cromosoma 21 era aínda algo máis pequeno. Porén, os cromosomas non foron renumerados, debido a que os números xa estaban establecidos e o cromosoma 21 era moi coñecido e estudado pola súa implicación na síndrome de Down.
Pola posición do seu centrómero, o cromosoma 22 é un cromosoma acrocéntrico. O cromosoma 22 humano é un dos que ten organizador nucleolar (NOR), zona onde se encontran xenes repetidos en tándem dos ARNr. Arredor dos organizadores nucleolares orixínanse os nucléolos. Os organizadores nucleolares están na zona da constrición secundaria do cromosoma. A porción situada despois da constrición secundaria denomínase satélite, polo que o 22 é un cromosoma satélite ou cromosoma SAT.
Xenes
[editar | editar a fonte]Os seguintes son algúns xenes localizados no cromosoma 22:
Locus | Xene | Descrición | Condición |
22q11.1-q11.2 | IGL@ | locus da inmunoglobulina lambda - contén xenes para as cadeas lixeiras dos anticorpos | |
22q11.21 | TBX1 | T-box 1 | |
Locus22q11 | RTN4R | receptor da reticulon 4 | esquizofrenia |
22q11.21-q11.23 | COMT | xene da catecol-O-metiltransferase | |
22q12.1-q13.1 | NEFH | neurofilamento, polipéptido pesado 200kDa | |
22q12.1 | CHEK2 | checkpoint homólogo CHK2 (S. pombe) | |
22q12.2 | NF2 | neurofibromina 2 | neuroma acústico bilateral |
22q13 | SOX10 | SRY (caixa da rexión determinante do sexo) 10 do cromosoma Y) | |
22q13.2 | EP300 | proteína de unión a p300 | |
22q13.3 | WNT7B | familia do sitio de integración MMTV do tipo Wingless, membro 7B | |
22q13.3 | SHANK3 | SH3 e dominios de múltiples repeticións de anquirina 3 | síndrome da deleción 22q13 |
Enfermidades asociadas
[editar | editar a fonte]As seguintes enfermidades son algunhas das que están asociadas con xenes do cromosoma 22:
- Esclerose amiotrófica lateral
- Cancro de mama
- Tumor de células redondas pequenas desmoplástico
- Síndrome da deleción 22q11.2
- Síndrome da deleción 22q13 ou síndrome de Phelan-McDermid
- Síndrome de Li-Fraumeni
- Neurofibromatose tipo 2
- Síndrome de Rubinstein-Taybi
- Síndrome de Waardenburg
- Síndrome do ollo de gato
- Methemoglobinemia
- Esquizofrenia [5]
Trastornos cromosómicos
[editar | editar a fonte]As seguintes condicións están causadas por cambios na estrutura ou no número de copias do cromosoma 22:
- Síndrome da deleción 22q11.2: A maioría da xente que presenta esta síndrome perdeu uns 3 millóns de pares de bases en cada copia do cromosoma 22 en todas as células. A deleción aparece preto do medio do cromosoma na rexión q11.2. Esta rexión contén uns 30 xenes, pero a maioría deles non foron ben caracterizados. Unha pequena porcentaxe de individuos afectados teñen delecións máis curtas en dita rexión.
A perda dun xene concreto, o TBX1, pensase que é a responsable de moitas das características da síndrome, como os defectos cardíacos, fisura no ceo da boca (no padal), características faciais, e baixos niveis de calcio. Unha perda deste xene non parece causar dificultades de aprendizaxe. Outros xenes da rexión delecionada probablemente tamén contribúen aos signos e síntomas da síndrome da deleción 22q11.2. - Síndrome da deleción 22q13 (síndrome de Phelan-McDermid): A deleción do extremo distal do cromosoma 22 está asociada con atrasos de desenvolvemento moderados ou graves e atraso mental. Esta rexión inclúe o xene Shank3, que se pensa é responsable do déficit neurolóxico da síndrome (Wilson et al., 2003).
Case todos os nenos afectados pola deleción 22q13 teñen unha fala ausente ou moi retardada; dismorfismo facial menor; delgadeza, uñas das dedas escamosas; mans grandes e carnosas; pés longos; orellas prominentes mal formadas e outras características que non son visulamente aparentes: hipotonía (97%); crecemento de normal a acelerado (95%); aumento da tolerancia á dor (86%); ataques epilépticos (porcentaxe descoñecida) [1]. - Outras condicións cromosómicas: Outros cambios no número e estrutura do cromosoma 22 poden ter unha variedade de efectos, incluíndo atraso mental e de desenvolvemento, anormalidades físicas, e outros problemas médicos. Estes cambios inclúen unha porción extra do cromosoma 22 en todas as células (trisomía parcial), a perda dun segmento do cromosoma en todas as células (monosomía parcial), e a formación dunha estrutura circular chamada cromosoma 22 anular ou en anel, que se orixina pola rotura e a volta a unir dos dous extremos do cromosoma.
- A síndrome do ollo de gato é un raro trastorno normalmente causado por un cambio cromosómico chamado 22 duplicado invertido. Fórmase un pequeno cromosoma extra a partir de material xenético do cromosoma 22, que foi anormalmente duplicado (copiado). O material xenético extra causa os signos característicos e síntomas da síndrome do ollo de gato, incluíndo unha anormalidade ocular chamada coloboma de iris ocular (un oco ou separación na parte coloreada do ollo), pequenas depresións ou crecementos na pel das orellas, defectos cardíacos, problemas de riles, e, nalgúns casos, atraso no desenvolvemento.
- Un rearranxo cromosómico (translocación cromosómica) do material xenético entre os cromosomas 9 e 22 está asociado con varios tipos de cáncer sanguíneo (leucemia). Esta anormalidade cromosómica, que xeralmente se denomina cromosoma Filadelfia, só se atopa en células cancerosas. O cromosoma Filadelfia foi identificado en moitos casos dunha forma de progresión lenta de cáncer de sangue chamada leucemia mieloide crónica. Tamén se atopou nalgúns casos de cánceres de sangue de progresión máis rápida (leucemias agudas). A presenza do cromosoma Filadelfia pode axudar a predicir como progresará o cáncer e proporcionar unha diana para terapias moleculares.
- A síndrome de Emanuel é unha translocación dos cromosomas 11 e 22. Coñécíase antes por síndrome supernumerario der(22). Aparece cando a persoa ten un cromosoma extra composto de cachos dos cromosomas 11 e 22.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Human Genome AssemblGenome Reference Consortium". National Center for Biotechnology Information (en inglés). 2013-12-24. Consultado o 2017-03-04.
- ↑ "Search results - 22[CHR] AND "Homo sapiens"[Organism] AND ("has ccds"[Properties] AND alive[prop]) - Gene". NCBI. CCDS Release 20 for Homo sapiens. 2016-09-08. Consultado o 2017-05-28.
- ↑ Tom Strachan; Andrew Read (2 April 2010). Human Molecular Genetics. Garland Science. p. 45. ISBN 978-1-136-84407-2.
- ↑ Genome Decoration Page, NCBI. Ideogram data for Homo sapiens (850 bphs, Assembly GRCh38.p3). Última actualización 2014-06-03. Consultado o 2017-04-26.
- ↑ Liu H, Abecasis GR, Heath SC, Knowles A, Demars S, Chen YJ, Roos JL, Rapoport JL, Gogos JA, Karayiorgou M (2002). "Genetic variation in the 22q11 locus and susceptibility to schizophrenia". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 99 (26): 16859–64. PMC 139234. PMID 12477929. doi:10.1073/pnas.232186099.
- Dunham I, Shimizu N, Roe BA, Chissoe S, Hunt AR, Collins JE, Bruskiewich R, Beare DM, Clamp M, Smink LJ, Ainscough R, Almeida JP, Babbage A, Bagguley C, Bailey J, Barlow K, Bates KN, Beasley O, Bird CP, Blakey S, Bridgeman AM, Buck D, Burgess J, Burrill WD, O'Brien KP (1999). "The DNA sequence of human chromosome 22". Nature 402 (6761): 489–95. PMID 10591208. doi:10.1038/990031.
- Gilbert F (1998). "Disease genes and chromosomes: disease maps of the human genome. Chromosome 22". Genet Test 2 (1): 89–97. PMID 10464604. doi:10.1089/gte.1998.2.89.
- Kurzrock R, Kantarjian HM, Druker BJ, Talpaz M (2003). "Philadelphia chromosome-positive leukemias: from basic mechanisms to molecular therapeutics". Ann Intern Med 138 (10): 819–30. PMID 12755554.
- Maynard TM, Haskell GT, Lieberman JA, LaMantia AS (2002). "22q11 DS: genomic mechanisms and gene function in DiGeorge/velocardiofacial syndrome". Int J Dev Neurosci 20 (3–5): 407–19. PMID 12175881. doi:10.1016/S0736-5748(02)00050-3.
- McDermid HE, Morrow BE (2002). "Genomic disorders on 22q11". Am J Hum Genet 70 (5): 1077–88. PMC 447586. PMID 11925570. doi:10.1086/340363.
- McDonald-McGinn DM, Kirschner R, Goldmuntz E, Sullivan K, Eicher P, Gerdes M, Moss E, Solot C, Wang P, Jacobs I, Handler S, Knightly C, Heher K, Wilson M, Ming JE, Grace K, Driscoll D, Pasquariello P, Randall P, Larossa D, Emanuel BS, Zackai EH (1999). "The Philadelphia story: the 22q11.2 deletion: report on 250 patients". Genet Couns 10 (1): 11–24. PMID 10191425.
- Rinn JL, Euskirchen G, Bertone P, Martone R, Luscombe NM, Hartman S, Harrison PM, Nelson FK, Miller P, Gerstein M, Weissman S, Snyder M (2003). "The transcriptional activity of human Chromosome 22". Genes Dev 17 (4): 529–40. PMC 195998. PMID 12600945. doi:10.1101/gad.1055203.
- Wilson HL, Wong ACC, Shaw SR, Tse WY, Stapleton GA, Phelan MC, Hu S, Marshall J, McDermid HE; et al. (2003). "Molecular characerisation of the 22q13 deletion syndrome supports the role of haploinsufficiency of SHANK3/PROSASP2 in the major neurological symptoms". J Med Genet 40: 575–584. PMC 1735560. PMID 12920066. doi:10.1136/jmg.40.8.575.