Pendente (arquitectura)
Aparencia
(Redirección desde «Cuncha (arquitectura)»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pendente.
* Para o elemento estrutural véxase Cuncha (estrutura).
Unha pendente[1], tamén chamada cuncha[2], é en arquitectura cada un dos elementos construtivos triangulares que resolve o encontro entre a base circular dunha cúpula e un espazo inferior cadrado. Ten unha superficie esférica triangular limitada por tres arcos de circunferencia.
Este recurso arquitectónico comezou a utilizarse en Bizancio no século VI. Un dos edificios máis destacados que utiliza este tipo de soporte para a súa cúpula é a igrexa de Santa Sofía en Constantinopla.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ""Pendente", no Dicionario da Real Academia Galega". Consultado o 15/02/2018.
- ↑ Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pendente |